A covid recupera a senda do descenso de casos

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid 19
7 Mar 2022

A covid recupera o ritmo do descenso cunha caída dos contaxios novos. Así, hoxe hai 2.oo2 casos activos, 105 menos que onte, con 142 novos contaxios e 247 altas. Onte os casos baixaron en 18, con 199 novos contaxios e 215 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 53.215 casos rexistrados e 312 persoas falecidas.

A presión hospitalaria continúa fluctuando. Nas UCI seguen a ser 3 pacientes e en planta son 42, 23 no de Lugo, 6 na Mariña (1 menos) e 14 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

A maior parte dos concellos manteñen a tendencia á baixa sen grandes movementos agás en Viveiro, que sobe en 21 casos.

Son xa dez os concellos limpos de covid, polo menos na última semana e 19 os que teñen menos de dez casos.

A Mariña

  • Alfoz: 12 casos (1 menos).
  • A Pontenova: 10 (1 menos).
  • Burela: 68 (2 máis).
  • Cervo: 32 (2 máis).
  • Foz: 57 (1 menos).
  • Mondoñedo: 27 (1 menos).
  • O Valadouro: 34 (1 menos).
  • O Vicedo: 14 (1 máis).
  • Ribadeo: 27 (2 menos).
  • Riotorto: 12.
  • Trabada: 11.
  • Viveiro: 211 (21 máis).
  • Xove: 39 (8 máis).
  • Por debaixo de dez: Barreiros, Lourenzá e Ourol.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 32.
  • As Pontes: 75 (2 máis).
  • Begonte: 13 (2 menos).
  • Castro de Rei: 63 (5 máis).
  • Cospeito: 13 (1 menos).
  • Guitiriz: 14 (1 menos).
  • Muras: Unha semana limpo.
  • Outeiro de Rei: 29 (3 máis).
  • Vilalba: 126 (1 menos).
  • Xermade: 13 (1 menos).
  • Por debaixo de dez: Abadín, Friol, Meira, Pol e Rábade.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 98 (4 menos).
  • Por debaixo de 10: O Incio, O Páramo e Triacastela.
  • Sen casos nunha semana: Láncara, Paradela e Samos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 45 positivos (4 menos).
  • As Nogais: 12.
  • Baralla: 19 (1 máis).
  • Becerreá: 11 (4 menos).
  • Castroverde 10.
  • Lugo: 1031 (3 máis).
  • Monterroso: 10.
  • O Corgo: 15 (1 menos).
  • Pedrafita: Quince días sen casos.
  • Portomarín: 11.
  • Por debaixo de 10: Baleira, Cervantes, Guntín, Navia de Suarna e Palas de Rei.
  • Unha semana limpo: Antas de Ulla, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 13 enfermos.
  • Carballedo: 22 (1 máis).
  • Chantada: 86 (5 máis).
  • Monforte: 151 (2 máis).
  • O Saviñao: 28.
  • Quiroga: 12.
  • Taboada: 14 casos.
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Pantón e Ribas de Sil.
  • Unha semana sen contaxios: Sober e Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
0.11872410774231