Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid recupera a senda do descenso na provincia para seguir a liña que marca o resto de Galicia reducindo de novo casos activos, novos contaxios e hospitalización, pero sumando un novo falecido.
Así, hoxe hai 3.423 casos activos, 219 menos que onte, con 228 novos contaxios e 444 altas. Onte os casos subiron en 31, con 341 novos contaxios e 308 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 50.345 casos rexistrados e 304 persoas falecidas (unha máis que onte).
A presión hospitalaria baixa de novo. Na UCI do Hula queda 1 ingresado (1 menos que onte), mentres en planta son 48 os pacientes (4 menos), 29 no de Lugo (1 máis), 7 na Mariña (5 menos), 11 en Monforte e 1 no Polusa.
POR COMARCAS
A tendencia xeral segue a ser a caída das cifras de incidencia. Rompe a tendencia A Fonsagrada, que subiu 15 casos. Reduce Lugo con 96 menos, Vilalba con 22, Castro de Rei con 18, Chantada con 17, Monforte con 11 e Foz con 10
Negueira de Muñiz leva 15 días limpo e Muras unha semana. Por debaixo de dez contaxios novos hai 9 (2 menos): Ribas de Sil, Baleira, Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Triacastela, Pedrafita, Samos e Folgoso do Courel.
A Mariña
- Alfoz: 32 casos (2 menos).
- A Pontenova: 13 (3 menos).
- Barreiros: 21.
- Burela: 83.
- Cervo: 33 (2 menos).
- Foz: 98 (10 menos).
- Lourenzá: 24 (2 menos).
- Mondoñedo: 30.
- O Valadouro: 17 (3 máis).
- O Vicedo: 20 (1 máis).
- Ourol: Por debaixo de 10.
- Ribadeo: 104 (5 menos).
- Riotorto: 11.
- Trabada: 17 (4 menos).
- Viveiro: 177 (8 menos).
- Xove: 39 (9 menos).
Terra Chá
- Abadín: 24 contaxios (5 menos).
- A Pastoriza: 32.
- As Pontes: 131 (9 menos).
- Begonte: 27 (1 menos).
- Castro de Rei: 98 (18 menos).
- Cospeito: 39 (9 menos).
- Friol: 29 (2 máis).
- Guitiriz: 30 (5 menos).
- Meira: 28 (8 menos).
- Muras: Unha semana sen casos.
- Outeiro de Rei: 44 (2 máis).
- Pol: 52 (1 menos).
- Rábade: 17.
- Vilalba: 222 (22 menos)
- Xermade: 12.
Comarca de Sarria
- Láncara: 27 enfermos (2 menos).
- O Incio: 17 (2 menos).
- O Páramo: 21 (2 menos).
- Paradela: 19 (3 menos).
- Samos: Por debaixo de 10.
- Sarria: 181 (6 menos).
- Triacastela: Por debaixo de 10.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 65 positivos (15 máis).
- As Nogais: 17 (1 máis).
- Antas de Ulla: 27 (2 menos).
- Baleira: Por debaixo de 10.
- Baralla: 37 (2 menos).
- Becerreá: 23 (1 menos).
- Castroverde 24 (1 menos).
- Cervantes: 15.
- Guntín: 18 (1 menos).
- Lugo: 1.735 (96 menos).
- Monterroso: 53 (7 menos).
- Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
- Negueira de Muñiz: Quince días limpo.
- O Corgo: 38.
- Palas de Rei: 29 (2 menos).
- Pedrafita: Por debaixo de 10.
- Portomarín: 10 (1 menos).
- Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 16 enfermos (1 menos).
- Bóveda: 15.
- Carballedo: 21.
- Chantada: 153 (17 menos).
- Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
- Monforte: 278 (11 menos).
- O Saviñao: 55 (5 menos).
- Pantón: 17.
- Quiroga: 21 (3 menos).
- Ribas de Sil: Por debaixo de 10.
- Sober: 11 (1 menos).
- Taboada: 22 (7 menos).
RESTRICIÓNS
- Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
- Permítese o consumo en barra.
- Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
- As máscaras en exterior non son obligatorias.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).