Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A provincia de Lugo experimentou un novo descenso de casos activos e hospitalización debido de novo ás altas e a un descenso dos casos novos. Así, hai 1.243 casos activos, 72 menos que onte, cun rexistro de 45 novos positivos e 117 altas. Onte houbo un descenso de 93 casos activos, con 63 novos enfermos e 155 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.441 casos rexistrados e 237 persoas falecidas, 20 nesta quinta vaga. A presión hospitalaria redúcese tamén. Hai 28 persoas ingresadas en tres hospitais (5 menos). Na UCI do Hula os ingresos soben de novo nun máis (4 en total), e nas diferentes plantas son 24 os enfermos (6 menos); 15 están no de Lugo (6 menos), 5 na Mariña (1 menos) e 4 en Monforte (1 máis).
MAPA DE RESTRICIÓNS
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:
-
- En alerta máxima: Monforte.
- En alerta alta: Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira e O Saviñao.
- No nivel medio: Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito e Taboada.
- No nivel baixo: o resto de concellos.
POR COMARCAS
Seguen sumándose os concellos que quedan limpos de covid mentres o virus empeza a desaparecer dos núcleos onde se produciron gromos. Brusco descenso en Monforte.
A Mariña
- A Pontenova baixa a 10 casos (2 menos).
- Alfoz leva unha semana sen casos.
- Barreiros por debaixo de 10 casos.
- Burela, por debaixo de 10.
- Cervo, por debaixo de 10.
- Foz baixa a 16 (1 menos).
- Lourenzá, por debaixo de 10.
- Mondoñedo, sen casos xa nunha semana.
- O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
- O Vicedo sen casos en quince días.
- Ourol, sen casos xa durante quince días.
- Ribadeo baixa 1 ata 26.
- Riotorto, sen casos na última semana.
- Trabada sen casos xa en quince días.
- Viveiro ten 19 casos, 3 menos.
- Xove, sen casos máis de quince días.
Terra Chá
- A Pastoriza reduce a 31 (7 menos).
- Abadín está por debaixo de 10 casos.
- As Pontes, por debaixo de 10.
- Begonte, por debaixo de 10.
- Castro de Rei baixa 1 ata 44.
- Cospeito ten 20 casos (2 menos).
- Friol continúa con 12 e unha semana sen casos novos.
- Guitiriz, por debaixo de 10 casos.
- Meira xa está por debaixo de 10.
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei queda con 11 activos e sen casos na última semana.
- Pol, sen casos novos nunha semana.
- Rábade, por debaixo de 10 casos.
- Vilalba queda en 38 casos.
- Xermade, por debaixo de 10.
Comarca de Sarria
- Láncara, sen casos novos na última semana.
- O Incio, sen casos novos nunha semana.
- O Páramo, con menos de 10.
- Paradela xa está por debaixo de 10 casos.
- Samos está sen casos unha semana.
- Sarria segue con 22.
- Triacastela, sen casos novos nunha semana.
Centro da provincia
- A Fonsagrada, por debaixo de 10.
- Antas de Ulla segue con 13.
- As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
- Baralla segue en 51.
- Baleira, xa leva sen casos quince días.
- Becerreá chega a 11 casos.
- Castroverde, con menos de 10 casos.
- Cervantes, sen casos na última semana.
- Guntín, con menos de 10 casos.
- Lugo reduce 7 casos ata 306.
- Monterroso sobe 1 ata 42.
- Navia de Suarna, sen casos novos na última semana.
- Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
- O Corgo, menos de 10 casos.
- Palas de Rei sobe a 38 casos (2 máis).
- Pedrafita leva quince días sen casos.
- Portomarín, unha semana sen casos.
- Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón continúa con 11 casos.
- Bóveda xa leva unha semana sen casos.
- Carballedo, volve ter algún caso.
- Chantada reduce a 30 (3 menos).
- Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
- Monforte seguen baixando. Son 196, 36 menos.
- O Saviñao reduce a 24 (2 menos).
- Pantón volve estar por debaixo de 10.
- Quiroga segue con 14 casos.
- Ribas de Sil, con menos de 10 casos.
- Sober volve estar por debaixo de 10.
- Taboada sobe 3 ata 17 casos.
AS RESTRICIÓNS
Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.
En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.