Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid volve dar un cambio de actitude e aumenta a súa incidencia na provincia.
Así, hoxe hai 6.366 casos activos, 218 máis que onte, con 645 novos contaxios e 422 altas. Onte os casos baixaron en 57, con 585 novos contaxios e 636 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 45.029 casos rexistrados e 285 persoas falecidas.
A presión hospitalaria volve aumentar. Na UCI do Hula son 8 os ingresados (2 máis), mentres en planta son 73 os pacientes (4 máis), 49 no de Lugo, 12 na Mariña (2 máis) e 12 en Monforte (1 máis).
POR COMARCAS
Malia o resultado final, os concellos pequenos seguen coa súa tendencia á baixa, en especial na parte norte da provincia.
Os cambios máis detacados á baixa están en Ribadeo con 28 menos, Viveiro con 18, Burela con 17 e Sarria 12. No relativo ás subidas, Lugo suma 109 casos máis, Vilalba 15 e Monforte 14.
Ningún concello está limpo de covid e son seis os que teñen menos de dez casos, un máis. Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras e Pedrafita.
A Mariña
- Alfoz: 34 (3 menos).
- A Pontenova: 100 (3 menos).
- Barreiros: 79 (5 menos).
- Burela: 220 (17 menos).
- Cervo: 135 (8 menos).
- Foz: 281 (1 menos).
- Lourenzá: 48 (3 menos).
- Mondoñedo: 107 (9 menos).
- O Valadouro: 35 (2 menos).
- O Vicedo: 43.
- Ourol: Por debaixo de 10.
- Ribadeo: 238 (28 menos).
- Riotorto: 26.
- Trabada: 32 (5 máis).
- Viveiro: 345 (18 menos).
- Xove: 87 (1 menos).
Terra Chá
- Abadín: 49 contaxios (2 máis).
- A Pastoriza: 81 (5 menos).
- As Pontes: 311 (1 máis).
- Begonte: 47 (5 menos).
- Castro de Rei: 109 (4 menos).
- Cospeito: 100 (4 menos).
- Friol: 48 (4 menos).
- Guitiriz: 85 (9 menos).
- Meira: 66.
- Muras: Por debaixo de 10.
- Outeiro de Rei: 102 (1 menos).
- Pol: 20 (2 menos).
- Rábade: 25 (4 máis).
- Vilalba: 401 (15 máis).
- Xermade: 34 (1 menos).
Comarca de Sarria
- Láncara: 63 enfermos (6 máis).
- O Incio: 29 (8 menos).
- O Páramo: 45 (1 menos).
- Paradela: 31 (6 menos).
- Samos: 17 (6 menos).
- Sarria: 349 (12 menos).
- Triacastela: 12 (1 menos).
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 75 positivos (1 menos).
- As Nogais: 13.
- Antas de Ulla: 33.
- Baleira: 20 (1 menos).
- Baralla: 59 (3 máis).
- Becerreá: 72 (2 máis).
- Castroverde 57 (2 menos).
- Cervantes: 15 (1 menos).
- Guntín: 49 (3 menos).
- Lugo: 2.698 (109 máis).
- Monterroso: 72 (2 menos).
- Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
- Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
- O Corgo: 49 (3 menos).
- Palas de Rei: 67 (2 menos).
- Pedrafita: Por debaixo de 10.
- Portomarín: 18 (2 máis).
- Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 48 enfermos (1 máis).
- Bóveda: 17.
- Carballedo: 63 (3 máis).
- Chantada: 338 (5 máis).
- Folgoso do Courel: 16 (4 máis).
- Monforte: 487 (14 máis).
- O Saviñao: 83 (4 máis).
- Pantón: 45 (3 menos).
- Quiroga: 72.
- Ribas de Sil: 26 (2 menos).
- Sober: 34.
- Taboada: 69 (3 máis).
RESTRICIÓNS
- A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
- Permítese o consumo en barra.
- Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
- As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).