Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
 					
								
					
				
				Continúa o descenso de casos activos mentres se controlan as hospitalizacións. Así, este domingo hai na provincia de Lugo 177 casos activos, 5 menos que onte, cando na xornada anterior a baixada foi de 14.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 7 casos novos (onte foron 11) e as altas chegaron ás 11.237, 15 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 25.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.633 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.
Nos hospitais segue habendo dúas persoas na UCI de Lugo e 8 ingresados en planta, 4 están no Hula (1 menos), 1 en Burela e 3 en Monforte (1 máis).
O sistema de alertas, que está establecido en 4 niveis, queda deste modo:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
 
- Alta. Para incidencia de 250 a 500.
 
- Media. Para incidencia de 150 a 250. A Pastoriza e Chantada.
 
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
 
POR COMARCAS
Cunha continua melloría, con cada vez máis concellos limpos de covid, a provincia avanza cara á superación. Aumento de casos de novo en Chantada e tamén en Vilalba.
A Mariña
- Incidencia leve en Burela, Foz e Mondoñedo.
 
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Xove, Barreiros, Cervo, Trabada e Lourenzá.
 
- Sen casos novos na última semana están Ribadeo, Viveiro e Alfoz.
 
Terra Chá
- Vilalba chega aos 12 casos pero segue con incidencia baixa.
 
- Guitiriz, Xermade e As Pontes teñen casos, por debaixo de dez, e con incidencia leve.
 
- Meira, Friol e Cospeito están sen casos en 7 días. Únese A Pastoriza.
 
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Castro de Rei. Únese Pol.
 
Centro da provincia
- Os casos en Lugo seguen baixando. Son 57 (1 menos).
 
- Monterroso ten casos pero con incidencia baixa.
 
- Levan unha semana sen casos Cervantes, A Fonsagrada e Palas. Únese O Corgo.
 
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla e Ribeira de Piquín. Únese Becerreá.
 
Comarca de Sarria
- Láncara e Sarria teñen casos pero con baixa incidencia.
 
- O Páramo leva sen positivos unha semana.
 
- Triacastela, O Incio, Samos e Paradela seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.
 
Ribeira Sacra
- Chantada sobe a 26 casos (1 máis) e seguirá en alerta media.
 
- Carballedo, Taboada, Monforte, Pantón e Sober teñen casos pero con incidencia leve.
 
- Folgoso leva unha semana sen positivos.
 
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, A Pobra de Brollón e Quiroga.