Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid subiu, aínda que pouco, as súas cifras de contaxios neste martes na que ascendeu tamén a hospitalización e as UCI seguen baleiras. Hoxe hai 1.659 casos activos, 43 máis que onte, con 168 novos contaxios e 123 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 59.991 casos rexistrados e 326 persoas falecidas.
A presión hospitalaria subiu con respecto a onte. As UCI seguen baleiras pero en planta hai 49 enfermos (1 máis), 28 están no de Lugo (2 menos), 13 na Mariña (1 máis) e 8 en Monforte (2 máis).
POR COMARCAS (datos a 1 semana)
Xornada de caída de casos en Xove, e de subida en Monforte de Lemos.
O número de concellos limpos de covid segue sendo 3 e son 34 os que teñen menos de dez casos.
A Mariña
- A Pontenova: 13.
- Alfoz: 15.
- Barreiros: 17.
- Burela: 36 (1 menos).
- Cervo: 15 (1 máis).
- Foz: 62 (2 menos).
- Lourenzá: 15 (2 menos).
- Mondoñedo: 25 (8 menos).
- O Valadouro: 10 (1 menos).
- Ribadeo: 40 (2 máis).
- Riotorto: 11.
- Trabada: 14 (4 máis).
- Viveiro: 37 (5 menos).
- Xove: 10 (15 menos).
- Por debaixo de 10: Ourol e O Vicedo.
Terra Chá
- A Pastoriza: 18 (1 máis).
- As Pontes: 27 (2 menos).
- Castro de Rei: 16 (1 máis).
- Cospeito: 10.
- Guitiriz: 17 (2 máis).
- Vilalba: 38 (3 menos).
- Por debaixo de 10: Abadín, Begonte, Friol, Meira, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade e Xermade.
Centro da provincia
- Becerreá: 13.
- Castroverde: 10 (1 menos).
- Cervantes: 20 (1 máis).
- Lugo: 277 (6 menos).
- Monterroso: 27.
- Palas de Rei: 14 (2 máis).
- Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Guntín, Navia de Suarna, O Corgo, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.
- Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.
Comarca de Sarria
- O Incio: 11.
- Sarria: 36 (3 menos).
- Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Páramo e Paradela.
- Unha semana sen casos: Samos e Triacastela.
Ribeira Sacra
- Chantada: 12 (1 máis).
- Monforte: 50 (13 máis).
- Quiroga: 11 (2 menos).
- Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Ribas de Sil, Sober e Taboada.