Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid volveu superar este xoves a cifra dos 900 casos activos debido á escaseza das altas e engrosa a listaxe de falecidos con dous máis na provincia de Lugo.
Así, hoxe hai 902 casos, 36 máis que onte, con 88 novos contaxios nas últimas 24 horas e 48 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 68.516 casos rexistrados e 351 persoas falecidas (2 máis).
A presión hospitalaria mantense. Na UCI do Hula hai 3 pacientes e en planta son 40 enfermos, 33 están no de Lugo (3 máis), 3 na Mariña (1 menos) e 4 en Monforte (2 menos).
POR COMARCAS (datos a 1 semana)
Actualmente hai 5 concellos limpos de covid e 10 por riba dos dez casos de covid.
A Mariña
- Cervo: 10.
- Viveiro: 22.
- Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Ribadeo, Riotorto, Trabada e Xove.
Terra Chá
- As Pontes: 10.
- Castro de Rei: 11.
- Outeiro de Rei: 13.
- Vilalba: 17.
- Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Guitiriz, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.
- Sen casos nunha semana: Friol.
Comarca de Sarria
- Sarria: 16.
- Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.
Centro da provincia
- Lugo: 172.
- Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, O Corgo, Palas de Rei e Pedrafita.
- Unha semana sen casos: Portomarín e Ribeira de Piquín.
- Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.
Ribeira Sacra
- Monforte: 29.
- Taboada: 13.
- Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Chantada, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.
- Unha semana sen casos: Carballedo.