Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A escalada da covid continúa polos diferentes gromos detectados en colectivos sen vacinar, como os menores de 12 anos, ao mesmo tempo que aumenta a hospitalización de novo coas UCI baleiras polo momento.
Hoxe hai 302 casos activos, 23 máis que onte, cun rexistro de 30 novos positivos e 7 altas. Onte houbo 22 máis, con 26 novos contaxios e 4 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.345 casos rexistrados e 255 persoas falecidas, 38 nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria aumenta a 5 persoas ingresadas (2 máis que onte). 4 están no Hula e 1 en Monforte e as UCI seguen baleiras.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións. As autoridades anunciaron algúns cambios nas restricións que pasan por esixir o certificado covid durante todo o día en restaurantes e nos bares a partir das 21.00 horas.
POR COMARCAS
A situación é moi similar en todas as comarcas onde son poucos os concellos que superan os 10 contaxios quedando reducidos a Viveiro, Vilalba, Outeiro de Rei, Sarria, Lugo e As Nogais.
A Mariña
- Viveiro sobe ata os 12 casos (1 máis).
- Por debaixo de 10: Foz, Ribadeo, Alfoz, Xove, Mondoñedo e O Valadouro.
- Unha semana sen casos: O Vicedo, Barreiros e Burela.
- Máis de quince días limpos: A Pontenova, Cervo, Lourenzá, Ourol, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- Vilalba reduce ata os 12 casos (3 menos).
- Outeiro de Rei segue con 14.
- Abadín volve ter casos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Meira, Begonte, Friol, Castro de Rei, A Pastoriza e Xermade.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Pol. Únese Guitiriz.
- Máis de quince días limpos: As Pontes, Cospeito, Muras, Rábade.
Comarca de Sarria
- Sarria segue con 10 contaxios.
- O Incio volve ter casos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Paradela, O Páramo e Láncara.
- Máis de quince días limpos Samos e Triacastela.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo seguen á alza. Xa son 141 (15 máis).
- Portomarín volve ter casos.
- As Nogais mantén 11 positivos.
- Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Palas, Antas, Baralla e Pedrafita.
- Baleira leva unha semana sen casos.
- Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.
Ribeira Sacra
- Por debaixo de 10 contaxios: Chantada, Carballedo, Folgoso do Courel, Monforte e A Pobra de Brollón.
- Máis de quince días limpo: Bóveda, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
RESTRICIÓNS
Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.
- Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
- As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
- Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.