Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid recupera as cifras de antes de Semana Santa cun pequeno aumento de casos e un crecemento dos casos novos. Así, hoxe hai 1.899 casos, 22 máis que onte, con 202 novos contaxios e 175 altas en 24 horas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 61.201 casos rexistrados e 329 persoas falecidas (unha máis que onte).
A presión hospitalaria continúa subindo. A UCI do Hula aumenta a 2 pacientes (1 máis) e en planta hai 71 enfermos (8 máis), 50 están no de Lugo (8 máis), 11 na Mariña, 9 en Monforte e 1 no Polusa.
POR COMARCAS (datos a 1 semana)
O virus ten máis crecemento na Mariña e na zona centro con subidas máis escasas no resto de comarcas.
Subiron de forma importante Lugo (2o casos máis) e Castroverde (10).
O número de concellos limpos de covid é de 4 (2 máis que onte) e son 35 os que teñen menos de dez casos (1 menos).
A Mariña
- A Pontenova: 17 (2 menos).
- Barreiros: 26 (3 máis).
- Burela: 37 (4 máis).
- Cervo: 14 (3 menos).
- Foz: 43 (1 menos).
- Lourenzá: 11 (1 máis).
- Mondoñedo: 51 (1 menos).
- O Valadouro: 12 (1 máis).
- Ribadeo: 50 (3 máis).
- Riotorto: 11 (3 menos).
- Viveiro: 42 (3 máis).
- Por debaixo de 10: Alfoz, Ourol, O Vicedo, Trabada e Xove.
Terra Chá
- A Pastoriza: 11 (3 menos).
- As Pontes: 29 (3 máis).
- Castro de Rei: 12.
- Guitiriz: 19 (2 máis).
- Friol: 11.
- Outeiro de Rei: 17 (4 máis).
- Vilalba: 42 (3 máis).
- Por debaixo de 10: Abadín, Begonte, Cospeito, Meira, Muras, Pol e Rábade.
- Unha semana sen casos: Xermade.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 13 (2 máis).
- Becerreá: 12 (2 máis).
- Castroverde: 21 (10 máis).
- Lugo: 341 (20 máis).
- Palas de Rei: 29 (1 menos).
- Pedrafita: 15 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baralla, Baleira, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, O Corgo e Portomarín.
- Unha semana sen casos: Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.
Comarca de Sarria
- Láncara: 11.
- O Páramo: 14.
- Sarria: 56 (1 máis).
- Por debaixo de 10 casos: O Incio, Paradela, Samos e Triacastela.
Ribeira Sacra
- Monforte: 71 (3 menos).
- Sober: 10.
- Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil e Taboada.
- Unha semana sen casos: Folgoso do Courel.