Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid recupera a senda do descenso de casos tras superar o peor dos seus gromos e inicia a fin de semana con 19 casos menos, un total de 250, cando na xornada anterior subiron un caso, trala ralentización percibida nos últimos balances. O control dos novos positivos e un elevado número de altas ofrecen estes datos positivos.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 11 casos novos (onte foron 14). As altas chegaron ás 11.456, 26 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 14.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.927 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.
A presión hospitalaria descende tamén. Seguen 2 persoas ingresadas na UCI do Hula e 8 nas diferentes plantas (2 menos), 3 están no Hula (2 menos), 3 en Burela e 2 en Monforte.
Os cambios de restricións por concellos estarán do seguinte xeito:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Xove, Vilalba e Monforte.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
O número de positivos descende drásticamente na Mariña, nos tres concellos con máis casos, Viveiro, Xove e Ribadeo e mentres no resto continúa a tendencia á baixa. Varios concellos da Terra Chá suman xa unha semana limpos mentres na zona centro só Lugo queda con casos. Estabilidade en Sarria e melloría tamén na Ribeira Sacra.
A Mariña
- Viveiro cae en casos novos a 43 (11 menos).
- Xove tamén descende, 1 casos, ata 14.
- Ribadeo también descende a 13.
- Incidencia tamén leve en Burela, Foz, Cervo, o Valadouro e Alfoz.
- Lourenzá e Mondoñedo están sen casos na última semana.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros e Trabada.
Terra Chá
- Vilalba reduce positivos a 25, 3 menos.
- Cospeito, Meira, Abadín e Outeiro de Rei están por debaixo de dez casos pero con incidencia leve.
- Guitiriz no tivo casos na última semana. Únense As Pontes e Begonte.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, Friol, A Pastoriza e Xermade. Únese Pol.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo baixan a 58 (2 menos).
- Navia de Suarna leva unha semana sen positivos. Únense Portomarín e Castroverde.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Palas, O Corgo e Monterroso.
Comarca de Sarria
- Sarria ten casos pero con moi baixa incidencia.
- O Incio leva unha semana sen casos.
- Triacastela, Samos, Paradela, O Páramo e Láncara seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.
Ribeira Sacra
- Monforte baixa a 19 (2 menos) positivos en 15 días.
- Chantada e Quiroga teñen positivos pero con incidencia leve.
- Pantón e A Pobra de Brollón levan unha semana sen positivos. Únese Taboada.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo e Sober.