A directiva de CoGaVe cambiará tras a Asemblea Xeral Ordinaria de abril
Seguindo o sistema de rotación establecido, a partir do 5 de abril de 2025 será a Federación de Asociacións Veciñais de Pontevedra Castelao quen asumirá a nova dirección da Confederación

3 Feb 2025
A Xunta Directiva da Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro (CoGaVe) acordou por unanimidade os próximos pasos para a transición na dirección da entidade.
A Confederación celebrará a súa Asemblea Xeral Ordinaria o 4 de abril de 2025 na cidade de Lugo e, nela, a Federación Provincial de Asociacións Veciñais Lucus Augusti de Lugo finalizará a súa etapa á fronte da dirección da CoGaVe.
Seguindo o sistema de rotación establecido, a partir do 5 de abril de 2025 será a Federación de Asociacións Veciñais de Pontevedra Castelao quen asumirá a nova dirección da Confederación.
Ata a data da Asemblea Xeral Ordinaria, o 4 de abril de 2025, a actual Xunta Directiva da CoGaVe continuará exercendo as súa funcións con normalidade.