A escalada da covid acelérase na provincia

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid19 nadal
26 Nov 2021

Novo salto cualitativo no número de contaxios malia ao aumento tamén das altas.

Hoxe hai 406 casos activos, 37 máis que onte, cun rexistro de 56 novos positivos e 20 altas. Onte houbo 33 máis, con 38 novos contaxios e 5 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.4870 casos rexistrados e 255 persoas falecidas, 38 na quinta vaga.

A presión hospitalaria segue en 5 persoas ingresadas. 4 están no Hula e 1 en Monforte e as UCI seguen baleiras.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións. As autoridades anunciaron novos cambios nas restricións que pasan por esixir o certificado covid durante todo o día en restaurantes e nos bares a partir das 21.00 horas e na redución dos grupos.

POR COMARCAS

Seguen sumándose concellos con casos detectados. Xa quedan poucos na provincia limpos de covid, 22, malia que na maior parte deles son poucos cos casos detectados. Onde máis extendido está é en Lugo, que segue imparable, Viveiro, Vilalba, Sarria, Chantada e As Nogais.

A Mariña

  • Viveiro sobe a 19 casos (5 máis).
  • Por debaixo de 10: Foz, Ribadeo, Alfoz, Xove, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Barreiros e A Pontenova.
  • Unha semana sen casos: Burela.
  • Máis de quince días limpos: Cervo, Lourenzá, Ourol, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Vilalba suma outro casos ata 14.
  • Outeiro de Rei que en 16.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Meira, Begonte, Friol, Castro de Rei, A Pastoriza, Xermade, As Pontes e Pol.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Guitiriz.
  • Máis de quince días limpos: Abadín, Cospeito, Muras, Rábade.

Comarca de Sarria

  • Sarria continúa con 14 contaxios.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Paradela, O Páramo, Láncara e O Incio.
  • Máis de quince días limpos Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo dispáranse. Xa son 184 (12 máis).
  • Cervantes volve ter casos.
  • As Nogais segue con 12 positivos.
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Baralla, Pedrafita, Portomarín e Castroverde e Guntín.
  • Palas cumpre unha semana sen contaxios. Únese Antas.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • Chantada alcanza o 15 casos.
  • O Saviñao, Sober e Pantón volven ter contaxios.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Carballedo, Folgoso do Courel, Monforte e A Pobra de Brollón.
  • Máis de quince días limpo: Bóveda, Quiroga, Ribas de Sil e Taboada.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13018488883972