Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Continúa a caída de casos de covid situando á provincia no límite dos 2.000. Tamén descende a hospitalización e as altas continúan elevadas para compensar os novos contaxios.
Así, hoxe hai 2.051 casos, 148 menos que onte, con 167 novos contaxios nas últimas 24 horas e 307 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 65.619 casos rexistrados e 343 persoas falecidas (1 máis).
A presión hospitalaria mellora coas UCI baleiras un día máis En planta hai 76 enfermos (4 menos), 56 están no de Lugo (4 menos), 11 na Mariña e 9 en Monforte.
POR COMARCAS (datos a 1 semana)
Caída xeralizada de casos, agás na Ribeira Sacra, onde continúa unha lenta subida.
Hai 3 concellos limpos de covid, cando onte había 2, e son 33 os que teñen menos de dez casos (5 máis).
A Mariña
- Barreiros: 14 (2 máis).
- Burela: 17 (4 menos).
- Cervo: 20.
- Foz: 20 (1 menos).
- Lourenzá: 11 (2 menos).
- Mondoñedo: 32 (1 máis).
- Ribadeo: 28 (3 menos).
- Trabada: 10.
- Viveiro: 39 (3 menos).
- Xove: 12 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Ourol, O Valadouro, O Vicedo e Riotorto.
Terra Chá
- As Pontes: 35 (2 menos).
- Castro de Rei: 22 (1 máis).
- Guitiriz: 18 (1 máis).
- Outeiro de Rei: 22.
- Vilalba: 34 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.
Comarca de Sarria
- Láncara: 12 (2 menos).
- O Incio: 11 (2 menos).
- Sarria: 44 (4 máis).
- Por debaixo de 10 casos: O Páramo, Paradela e Samos.
- Sen casos novos nunha semana: Triacastela.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 44 (3 máis).
- Antas de Ulla: 17 (2 menos).
- Becerreá: 12 (1 máis).
- Guntín: 14 (3 máis).
- Lugo: 371 (15 menos).
- Navia de Suarna: 11.
- O Corgo: 13.
- Palas de Rei: 18 (6 menos).
- Por debaixo de 10: As Nogais, Baleira, Baralla, Castroverde, Cervantes, Monterroso, Pedrafita e Ribeira de Piquín.
- Unha semana sen casos: Portomarín.
- Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.
Ribeira Sacra
- Chantada: 20 (3 menos).
- Monforte: 68 (5 máis).
- O Saviñao: 10.
- Pantón: 25.
- Quiroga: 65 (9 máis).
- Taboada: 23 (1 máis).
- Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Sober.