A hospitalización elévase de novo e súmanse tres falecidos máis na provincia

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
mascaras covid
5 May 2022

A hospitalización volve descontrolando con preto de 100 ingresados xa na provincia mentres os casos seguen a subir lentamente. A cifra máis descorazonadora son os tres falecidos dos que da conta o Sergas na xornada de hoxe.

Así, hoxe hai 2.540 casos, 69 máis que onte, con 238 novos contaxios en 24 horas e 157 altas no mesmo período.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 64.852 casos rexistrados e 338 persoas falecidas, tres máis que onte.

A presión hospitalaria volve disparanse. Nas UCIs volve haber 6 ingresados (2 máis), 5 están no Hula e 1 en Burela. E en planta hai 90 enfermos (8 máis), 67 están no de Lugo (2 máis), 12 na Mariña (5 máis) e 11 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Lugo suma 12 casos máis, a única subida destacada da xornada, no resto mantense sen cambios drásticos.

O número de concellos limpos de covid xa é de 3 (1 menos) e son 22 os que teñen menos de dez casos (1 máis).

A Mariña

  • Barreiros: 16 (3 menos).
  • Burela: 40 (2 máis).
  • Cervo: 21 (2 menos).
  • Foz: 33 (5 menos).
  • Mondoñedo: 24.
  • O Vicedo:10 (1 menos).
  • Ribadeo: 41 (2 menos).
  • Trabada: 14 (6 menos).
  • Viveiro: 47 (4 menos).
  • Xove: 19 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Lourenzá, Ourol, O Valadouro e Riotorto.

Terra Chá

  • Abadín: 12 (1 menos).
  • As Pontes: 40 (6 menos).
  • Castro de Rei: 18.
  • Cospeito: 18 (1 máis).
  • Guitiriz: 16 (2 máis).
  • Outeiro de Rei: 22 (3 máis).
  • Pol: 19.
  • Vilalba: 31 (3 menos).
  • Por debaixo de 10: A Pastoriza, Begonte, Friol, Meira, Muras, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 14 (2 máis).
  • O Incio: 15 (4 menos).
  • O Páramo: 11 (6 menos).
  • Paradela: 24 (2 menos).
  • Samos: 10.
  • Sarria: 53 (5 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 44 (2 máis).
  • Antas de Ulla: 15 (2 menos).
  • Baleira: 14.
  • Baralla: 10.
  • Castroverde: 13.
  • Lugo: 478 (12 máis).
  • Monterroso: 21 (3 máis).
  • O Corgo: 21 (2 menos).
  • Palas de Rei: 23 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Becerreá, Cervantes, Guntín, Navia de Suarna, Portomarín e Pedrafita.
  • Unha semana sen casos: As Nogais e Negueira de Muñiz.
  • Quince días sen casos: Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 12 (3 máis).
  • Chantada: 22 (4 máis).
  • Folgoso do Courel: 11.
  • Monforte: 94 (6 menos).
  • O Saviñao: 10 (2 menos).
  • Pantón: 28 (5 máis).
  • Ribas de Sil: 12 (2 máis).
  • Quiroga: 34 (3 máis).
  • Sober: 19 (3 menos).
  • Taboada: 39 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Bóveda e Carballedo.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13402199745178