A presión hospitalaria non cede malia a caída de casos

GaliciaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
estatistica test covid
20 Feb 2022

A covid continúa reducindo a súa presenza lentamente e con pequenos altibaixos.

Así, hoxe hai 3.210 casos activos, 213 menos que onte, con 171 novos contaxios e 387 altas. Onte os casos baixaron en 219, con 228 novos contaxios e 444 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 50.519 casos rexistrados e 304 persoas falecidas.

A presión hospitalaria volve subir. Na UCI do Hula queda 1 ingresado, mentres en planta son 53 os pacientes (5 máis), 34 no de Lugo (5 máis), 7 na Mariña, 11 en Monforte e 1 no Polusa.

POR COMARCAS

Tendencia xeral á baixa este domingo sen grandes cambios. O máis salientable é Lugo, que reduce 56 enfermos e Sarria 14. No resto o movemento é de menos de dez.

Negueira de Muñiz leva máis de 15 días limpo e Muras unha semana. Por debaixo de dez contaxios novos hai 9: Ribas de Sil, Baleira, Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Triacastela, Pedrafita, Samos e Folgoso do Courel.

A Mariña

  • Alfoz: 29 casos (3 menos).
  • A Pontenova: 11 (2 menos).
  • Barreiros: 21.
  • Burela: 82 (1 menos).
  • Cervo: 26 (7 menos).
  • Foz: 96 (2 menos).
  • Lourenzá: 22 (2 menos).
  • Mondoñedo: 30.
  • O Valadouro: 16 (1 menos).
  • O Vicedo: 16 (4 menos).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 105 (1 máis).
  • Riotorto: 11.
  • Trabada: 16 (1 menos).
  • Viveiro: 168 (9 menos).
  • Xove: 41 (2 máis).

Terra Chá

  • Abadín: 23 contaxios (1 menos).
  • A Pastoriza: 34 (2 máis).
  • As Pontes: 128 (3 menos).
  • Begonte: 25 (2 menos).
  • Castro de Rei: 95 (3 menos).
  • Cospeito: 37 (2 menos).
  • Friol: 34 (5 máis).
  • Guitiriz: 28 (2 menos).
  • Meira: 28.
  • Muras: Unha semana sen casos.
  • Outeiro de Rei: 41 (3 menos).
  • Pol: 47 (5 menos).
  • Rábade: 16 (1 menos).
  • Vilalba: 217 (5 menos)
  • Xermade: 12.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 25 enfermos (2 menos).
  • O Incio: 16 (1 menos).
  • O Páramo: 21.
  • Paradela: 19.
  • Samos: Por debaixo de 10.
  • Sarria: 167 (14 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 67 positivos (2 máis).
  • As Nogais: 16 (1 menos).
  • Antas de Ulla: 29 (2 máis).
  • Baleira: Por debaixo de 10.
  • Baralla: 39 (2 máis).
  • Becerreá: 25 (2 máis).
  • Castroverde 21 (3 menos).
  • Cervantes: 16 (1 máis).
  • Guntín: 17 (1 menos).
  • Lugo: 1.679 (56 menos).
  • Monterroso: 47 (6 menos).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Quince días limpo.
  • O Corgo: 41 (3 máis).
  • Palas de Rei: 30 (1 máis).
  • Pedrafita: Por debaixo de 10.
  • Portomarín: 10.
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 16 enfermos.
  • Bóveda: 12 (3 menos).
  • Carballedo: 21.
  • Chantada: 147 (6 menos).
  • Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
  • Monforte: 269 (9 menos).
  • O Saviñao: 53 (2 menos).
  • Pantón: 17.
  • Quiroga: 16 (5 menos).
  • Ribas de Sil: Por debaixo de 10.
  • Sober: 11.
  • Taboada: 21 (1 menos).

RESTRICIÓNS

  • Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
  • As máscaras en exterior non son obligatorias.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
0.1609058380127