Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Malia a melloría de días pasados a situación nos hospitais da provincia empeora tanto en UCI como en planta ao mesmo tempo que se produce un novo aumento de novos positivos que non palia o número de altas.
Hoxe hai 735 casos activos, 20 máis que onte, cun rexistro de 44 novos positivos e 46 altas. Onte houbo 11 máis, con 44 novos contaxios e 32 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 21.269 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga.
A presión hospitalaria recrudécese. Os ingresados na UCI do Hula soben ata 5 (2 máis) e en planta xa son 10 pacientes (1 máis), 2 no Hula (1 menos), 2 na Mariña e 6 en Monforte (2 máis).
POR COMARCAS
A covid continúa estendéndose por toda a provincia, con especial incidencia na zona sur.
A Mariña
- Ribadeo reduce 2 ata 19 enfermos.
- Burela e Lourenzá volven ter casos.
- Foz volve subir ata 11 contaxios.
- Por debaixo de 10: A Pontenova, Mondoñedo, Alfoz, Barreiros, O Valadouro, Viveiro e Riotorto.
- Unha semana sen casos: Cervo e Trabada.
- Máis de quince días limpos: Ourol, O Vicedo e Xove.
Terra Chá
- Vilalba reduce a 49 contaxiados (2 menos).
- Outeiro de Rei reduce a 16 enfermos (2 menos).
- As Pontes queda en 17 casos.
- Pol e Meira volven ter casos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Castro de Rei, A Pastoriza, Abadín, Guitiriz, Muras e Rábade.
- Xermade leva xa unha semana sen contaxios. Únese Friol.
- Máis de quince días limpos: Cospeito, Begonte.
Comarca de Sarria
- Sarria queda en 23 enfermos.
- O Incio volve ter casos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Láncara.
- Entre unha semana e 15 días sen casos: Paradela.
- Máis de quince días limpos: Samos, Triacastela e O Páramo.
Centro da provincia
- Lugo dá un salto no número de novos positivos ata 223 (11 máis).
- Pedrafita volve ter casos.
- Por debaixo dos 10 casos: Monterroso, Palas, Antas, Becerreá, A Fonsagrada, Baralla, Guntín e Baleira.
- Ente 1 semana e 15 días sen casos: Portomarín, Navia de Suarna, As Nogais e Ribeira de Piquín. Únese O Corgo.
- Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz e Cervantes. Únese Castroverde.
Ribeira Sacra
- Carballedo: 12 positivos.
- Chantada: 56 contaxios (4 máis).
- Folgoso do Courel: 28 (1 máis).
- Monforte: 49 casos (7 máis).
- O Saviñao: 48 enfermos (5 máis).
- Quiroga: 13 casos.
- Taboada: 25 contaxios.
- Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Pantón e Ribas de Sil.
RESTRICIÓNS
Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.
- Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
- As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
- Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.