Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
O virus segue á baixa e chega a datos de control total cun único caso novo en 24 horas e unha redución continua. Así hoxe hai 73 casos activos, 8 menos que onte, cun rexistro de 1 novo positivo e 9 altas. Onte a baixada foi de 4 enfermos con 4 novos contaxios e 9 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.959 casos rexistrados e 252 persoas falecidas, 35 nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria mantense con 7 persoas ingresadas en tres hospitais (1 menos). A UCI do Hula continúa con 3 pacientes, e nas diferentes plantas son 4 os enfermos; 1 no de Lugo, 1 na Mariña e 2 en Monforte.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.
POR COMARCAS
Xa son 14 os concellos que quedan con casos, dous menos que onte, un na comarca da Mariña e outro da de Sarria. No resto estabilidade mantendo o control do virus.
A Mariña
- A Pontenova leva quince días sen contaxios.
- Alfoz cumpre xa dúas semanas sen casos.
- Barreiros chega a unha semana sen casos.
- Burela, por debaixo de 10.
- Cervo, por debaixo de 10.
- Foz reduce a 10 casos (5 menos).
- Lourenzá, unha semana sen casos.
- Mondoñedo, quince días sen casos.
- O Valadouro leva dúas semanas sen casos.
- O Vicedo, por debaixo de 10.
- Ourol, sen casos durante quince días.
- Ribadeo, por debaixo de 10.
- Riotorto, sen casos en quince días.
- Trabada, unha semana sen casos.
- Viveiro, por debaixo de 10.
- Xove, unha semana sen casos xa.
Terra Chá
- A Pastoriza leva quince días sen contaxios novos.
- Abadín está sen casos dende hai dúas semanas.
- As Pontes, quince días sen casos novos.
- Begonte, quince días sen contaxios.
- Castro de Rei, por debaixo de 10.
- Cospeito volve ter algún caso.
- Friol leva quince días sen contaxios.
- Guitiriz, sen casos en quince días.
- Meira, por debaixo de 10.
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei, sen contaxios tamén en quince días.
- Pol leva tamén quince días sen casos.
- Rábade, quince días sen contaxios.
- Vilalba, xa son quince días sen casos.
- Xermade, leva quince días sen contaxios.
Comarca de Sarria
- Láncara, quince días sen contaxios.
- O Incio cumpre unha semana sen casos.
- O Páramo, quince días sen casos.
- Paradela, por debaixo de 10.
- Samos leva quince días sen contaxios.
- Sarria, por debaixo de 10.
- Triacastela, unha semana limpo.
Centro da provincia
- A Fonsagrada suma xa quince días sen casos.
- Antas de Ulla suma xa quince días sen contaxios.
- As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
- Baralla xa son quince días sen casos.
- Baleira leva sen casos quince días.
- Becerreá cumpre dúas semanas sen contaxios.
- Castroverde, por debaixo de 10.
- Cervantes xa leva quince días sen casos.
- Guntín, quince días sen contaxios.
- Lugo está por debaixo dos 10 casos.
- Monterroso, xa son quince días sen contaxios.
- Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
- Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
- O Corgo leva quince días sen casos.
- Palas de Rei xa leva dúas semanas sen contaxios.
- Pedrafita leva quince días sen casos.
- Portomarín, quince días limpo xa.
- Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón, quince días sen casos.
- Bóveda leva xa quince días sen casos.
- Carballedo xa son quince días limpo.
- Chantada cumpre unha semana sen casos.
- Folgoso do Courel, quince días sen contaxios.
- Monforte, por debaixo de 10 casos novos.
- O Saviñao suma quince días limpo.
- Pantón suma xa quince días limpo.
- Quiroga xa leva unha semana sen casos.
- Ribas de Sil xa son quince días sen casos.
- Sober, dúas semanas sen casos tamén.
- Taboada, sen casos en quince días.
AS RESTRICIÓNS
- Hostalaría: Os de 1 cunchiña levan 75% aforo no interior e 90% no exterior. Nos de 2 cunchiñas, 90% no interior e 100% no exterior. Permitidas reunións de 10 persoas en interior e 20 en exterior. Peche ás 1.00 horas.
- Ocio nocturno: 50% en interior e 75% en exterior. Peche ás 3.00 horas para os de 1 cunchiña. Os de dúas serían 75% en interior e 100% en terrazas con peche ás 4.00 horas.
- Comercio, cultura, ocio infantil e deportes aforo ao 90%. No hay limitacións de número de persoas.
- Espectáculos musicais: de pé 66% de ocupación e 90% sentados.
- Hospedaxe: 75% de ocupación das zonas comúns e ábrese o sistema de buffet libre e os aperitivos.
- Transporte: 75% de ocupación máxima para as prazas de pé.