A provincia logra baixar dos 200 casos activos e reduce a hospitalización

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
COVID 19
21 Mar 2021

Tras tres días continuados de aumento de casos, a provincia logra reducir este domingo o número de casos activos por debaixo da barreira dos 200. Así, hoxe son 198 os activos, 18 menos que onte. Na xornada anterior o aumento foi de 6.

De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 6 casos novos (onte foron 20). Ademais, as altas chegaron ás 11.540, 22 en 24 horas, o día anterior foron 14.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.954 casos rexistrados e 211 persoas falecidas.

A presión hospitalaria continúa a lenta redución. Na UCI do Hula hai 3 persoas ingresadas, e en planta son 13 os enfermos (2 menos), 9 no hospital de Lugo, 2  en Burela e 2 en Monforte.

POR COMARCAS

A Mariña

Xornada sen cambios na comarca con Ribadeo acadando unha semana limpa de covid.

  • Sen casos novos en 15 días están: Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo e A Pontenova.
  • Na última semana tampouco tivo Lourenzá e Ribadeo.

Terra Chá

A comarca mantén unha incidencia mínima en Xermade, Outeiro, Friol, Guitiriz e Vilalba. Begonte e Castro de Rei volven estar limpos de covid na última semana.

  • Guitiriz segue por debaixo de dez casos pero en alerta media malia ter xa unha incidencia por debaixo.
  • No veciño Concello das Pontes están en 11 casos, 3 menos.
  • Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Muras, A Pastoriza, Rábade e Meira.
  • Begonte e Castro de Rei sen casos novos na última semana.

Centro da provincia

Boa xornada na comarca con Lugo con menos casos e con Palas e O Corgo que entran no grupo de concellos limpos de covid esta semana e Baleira e Guntín sumanda xa 15 días sen casos.

  • Lugo queda en 32 casos, 2 menos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla. Únense Baleira e Guntín.
  • Castroverde, malia estar por debaixo de dez casos ten unha incidencia que correspondería á alerta media.
  • Sen casos os últimos 7 están Palas e O Corgo.

Comarca de Sarria

A situación mellora en Samos e Láncara pero empeora para Sarria e Paradela.

  • Paradela rebaixa dos dez casos e seguirá en máxima alerta con niveis de alta pero volvendo rexistrar algún positivo tras unha semana limpo.
  • Sarria suma 2 casos máis e chega a 21.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende hace semanas.
  • Samos e Láncara superan o gromo e xa levan unha semana sen novos positivos.

Ribeira Sacra

Mentres Monforte recupera a senda do crecemento de casos a situación mellora no resto da comarca. Chantada está por debaixo dos dez casos xa e os concellos de A Pobra de Brollón e Sober levan unha semana sen contaxios novos.

  • Monforte ten hoxe 31 casos, 5 máis.
  • Chantada xa está por debaixo de dez casos de novo.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.
  • Sen casos nos últimos sete días está Bóveda e únense A Pobra de Brollón e Sober.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13055300712585