A provincia rebaixa casos activos e só quedan hospitalizados no Hula
A provincia volve a recuperar a senda da contención do virus con cifras negativas de expansión. Así, hoxe hai 142 casos activos, tres menos que onte, cando a xornada anterior sumou 6.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 5 casos novos (onte foron 8). Ademais, as altas chegaron ás 11.758, 9 en 24 horas, o día anterior foron 6.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.117 casos rexistrados e 212 persoas falecidas.
A presión hospitalaria redúcese de forma sensible. A UCI do Hula segue con 3 ingresados, mentres en planta son 5 os enfermos mentres que os hospitais da Mariña e de Monforte están xa vacíos de covid.
Deste xeito, o sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, quedará deste xeito:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. Rábade e A Pobra de Brollón.
- Media. Para incidencia de 150 a 250.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
Xornada positiva para a provincia con descenso de casos e mellora da situación en varios concellos como Riotorto, Vilalba, Guitiriz e O Saviñao, que suman xa unha semana limpos, ou mesmo Láncara, que reduce a incidencia. Tamén Rábade achégase á finalización do gromo, malia seguir en alerta, reduciu a incidencia e xa leva unha semana sen novos contaxios.
A Mariña
- Incidencia leve en Cervo, Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo con incidencia baixa e con menos de 10 casos.
- Barreiros eleva a súa incidencia ata valores de alerta media e segue con menos de dez casos.
- Sen casos novos máis de 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, A Pontenova, Lourenzá e Xove. Únese Riotorto unha vez superado o gromo.
Terra Chá
- Rábade continúa en situación de alerta alta pero rebaixa a incidencia coas altas médicas e sen novos contaxios na última semana.
- Con incidencia leve están Friol, Xermade e A Pastoriza así como a veciña As Pontes, todos con menos de dez casos e incidencia baixa.
- Sen positivos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Muras, Castro de Rei e Outeiro de Rei.
- Begonte, Cospeito e Meira están sen casos novos na última semana. Únense Vilalba e Guitiriz.
Centro da provincia
- Lugo recupera a contención e diminúe o número de contaxios con 45, dous menos.
- Con incidencia leve están Becerreá e O Corgo.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, As Nogais, Portomarín, Baralla, Baleira, Guntín, Palas, Antas de Ulla, Monterroso e Castroverde.
- Sen casos os últimos 7 está Pedrafita.
Comarca de Sarria
- Paradela, Samos e Sarria están sen casos novos na última semana.
- Láncara reduce a súa incidencia a valores normais polas altas.
- Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.
Ribeira Sacra
- O Saviñao, deixará de estar en alerta alta con datos xa fóra de perigo e sen casos a última semana.
- A Pobra de Brollón, en alerta alta, segue a ter incidencia moi elevada e 10 casos.
- Con incidencia baixa están tamén Monforte e Sober.
- Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Taboada.
- Sen casos nos últimos sete días están Pantón, Quiroga, Bóveda e Chantada