Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid volve romper a tendencia e supera as estatísticas das últimas semanas con máis de 300 casos novos e cun novo falecido mentres os casos activos seguen crecendo.
Así, hoxe hai 2.726 casos activos, 173 máis que onte, con 308 novos contaxios e 134 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 57.123 casos rexistrados e 317 persoas falecidas, unha máis que onte.
Pola contra, a presión hospitalaria baixa de novo. Hai 1 ingresado na UCI e en planta son 44 (2 menos), 27 están no de Lugo (1 menos), 1 no Polusa, 9 na Mariña e 7 en Monforte (1 menos).
POR COMARCAS
Tres subidas bruscas de casos, lideradas por Lugo, con 37 máis, Vilalba con 17 e Viveiro con 12 máis.
O número de concellos limpos de covid é de 5 (1 máis) e son 21 os que teñen menos de dez casos (1 máis).
A Mariña
- Alfoz: 13 (1 menos).
- A Pontenova: 22.
- Barreiros: 35 (2 menos).
- Burela: 116 (5 menos).
- Cervo: 68 (4 máis).
- Foz: 100 (3 menos).
- Lourenzá: 19.
- Mondoñedo: 18 (1 máis).
- O Vicedo: 29.
- Ribadeo: 71.
- Viveiro: 304 (12 máis).
- Xove: 91.
- Por debaixo de 10: Ourol, O Valadouro, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- Abadín: 20 (1 máis).
- A Pastoriza: 14 (1 máis).
- As Pontes: 195 (4 menos).
- Begonte: 27 (1 máis).
- Castro de Rei: 45 (6 máis).
- Cospeito: 34.
- Friol: 23.
- Guitiriz: 49 (3 menos).
- Meira: 15 (2 menos).
- Muras: 12.
- Outeiro de Rei: 63 (1 máis).
- Rábade: 14 (1 máis).
- Vilalba: 231 (17 máis).
- Xermade: 17 (2 menos).
- Por debaixo de 10: Pol.
Centro da provincia
- Antas de Ulla: 16 (1 menos).
- Baralla: 13 (2 máis).
- Castroverde: 27 (4 máis).
- Guntín: 25 (1 menos).
- Lugo: 1.138 (37 máis).
- Monterroso: 19 (2 máis).
- O Corgo: 19 (3 menos).
- Palas de Rei: 17 (1 máis).
- Portomarín: 12 (1 máis).
- Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Cervantes.
- Unha semana sen casos: Navia de Suarna e Pedrafita.
- Quince días sen casos: As Nogais, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.
Comarca de Sarria
- Láncara: 23.
- O Páramo: 15.
- Sarria: 83 (4 máis).
- Por debaixo de 10: O Incio, Paradela, Samos e Triacastela.
Ribeira Sacra
- Chantada: 65 (4 menos).
- Monforte: 104 (4 menos).
- O Saviñao: 18.
- Pantón: 26.
- Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.