Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid segue disparada na provincia de Lugo cun crecemento sostido e un volumen de altas que non logra paliar os contaxios novos.
Deste xeito, hai 797 casos activos, 97 máis que onte, cando a subida o día anterio foi de 69. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 119 casos novos (onte foron 100 e o día anterior 105), e as altas chegaron ás 13.079 (15 nun día), o día anterior foron 34.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 14.093 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.
A presión hospitalaria sobe de novo con 9 persoas ingresadas (1 máis). No Hula hai 7 en planta; segue un hospitalizado na Mariña e súmase outro en Monforte. As UCI seguen baleiraspor segundo día consecutivo.
O Comité clínico pola súa banda mantén a Sarria en alerta alta, o único concello con restricións na provincia.
POR COMARCAS
Sarria comeza a redución de restricións cunha nova subida de casos, subida que está xeralizada nos concellos da costa e nos de maior volume de poboación. A maior parte deles están preto de valores de alerta aínda que o crecemento da covid non ten correlación co aumento da hospitalización.
A Mariña
- Viveiro sobe a 46 casos (8 máis), Cervo suma xa 13 casos (3 máis) e Foz 40 (9 máis), todos en valores de alerta. Ourol con menos de dez casos tamén ten a incidencia moi alta.
- Ribadeo sobe a 21 casos (1 máis) e Burela a 20 (9 máis) están fóra de alerta.
- Con algún caso activo e baixa incidencia controlada están Xove, Mondoñedo, Barreiros, A Pontenova, Lourenzá, Alfoz, O Vicedo e O Valadouro.
- Riotorto leva unha semana sen casos.
- Sen casos novos máis de 15 días está Trabada.
Terra Chá
- Vilalba chega a 19 casos (7 máis).
- As Pontes, Outeiro de Rei, Guitiriz, Friol e Rábade teñen casos pero con baixa incidencia.
- Castro de Rei con 16 casos, Meira con 14 (2 máis), A Pastoriza con 11 e Cospeito con 10 teñen a incidencia alta.
- Begonte e Pol levan unha semana sen casos.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade e Abadín.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 320 (28 máis), xa en niveis de alerta.
- Ribeira de Piquín, Monterroso e Becerreá están con incidencia elevada con menos de dez casos.
- Guntín, O Corgo, Palas, Baleira, A Fonsagrada, Pedrafita e Castroverde teñen positivos pero con baixa incidencia. Únese Antas de Ulla.
- As Nogais e Portomarín está sen casos na última semana.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baralla, Cervantes e Navia de Suarna.
Comarca de Sarria
- No gromo de Sarria volven subir lixeiramente os casos. Son 59 (4 máis).
- Láncara ten a incidencia baixa. Únese Samos.
- O Páramo sobe a incidencia.
- Paradela eleva a incidencia que está alta.
- Triacastela leva unha semana sen casos.
- O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.
Ribeira Sacra
- Monforte sobe a 38 casos (7 máis) e eleva a incidencia.
- Bóveda ten alta a incidencia ao igual que Sober.
- Chantada sergue con 11 casos.
- Carballedo, Taboada e O Saviñao teñen casos pero con baixa incidencia. Únese Pantón.
- Quiroga leva sen contaxios novos unha semana.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.