Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Nova volta da covid, que crece, aínda que de forma lenta e aumenta a hospitalización con dous persoas na UCI de novo
Así, hoxe hai 2.070 casos, 41 máis que onte, con 173 novos contaxios nas últimas 24 horas e 132 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 66.014 casos rexistrados e 345 persoas falecidas (1 máis).
A presión hospitalaria aumenta de novo con 2 ingresados no Hula (1 máis). En planta hai 74 enfermos (3 máis), 55 están no de Lugo (2 máis), 11 na Mariña (2 máis) e 8 en Monforte (1 menos).
POR COMARCAS (datos a 1 semana)
Xornada de estabilidade sen cambios drástico e co gromo de Quiroga controlado.
Volve haber un único concello sen covid, cando onte había 3, e son 36 os que teñen menos de dez casos (4 máis).
A Mariña
- A Pontenova: 12 (1 máis).
- Barreiros: 17.
- Burela: 11 (5 menos).
- Cervo: 18 (1 máis).
- Foz: 20 (2 menos).
- Mondoñedo: 34 (3 máis).
- Ribadeo: 20 (3 menos).
- Viveiro: 29 (4 menos).
- Por debaixo de 10: Alfoz, Lourenzá, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto, Trabada e Xove.
Terra Chá
- Abadín: 14 (3 máis).
- As Pontes: 32.
- Castro de Rei: 21 (1 máis).
- Friol: 10 (1 menos).
- Guitiriz: 18 (2 menos).
- Outeiro de Rei: 18 (4 menos).
- Vilalba: 45 (2 máis).
- Por debaixo de 10: A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.
Comarca de Sarria
- Láncara: 10 (3 menos).
- Sarria: 47 (2 menos).
- Por debaixo de 10 casos: O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 24 (8 menos).
- Antas de Ulla: 15 (1 máis).
- Becerreá: 14 (1 máis).
- Guntín: 16 (2 menos).
- Lugo: 327 (26 menos).
- O Corgo: 14 (4 máis).
- Palas de Rei: 14 (1 menos).
- Por debaixo de 10: As Nogais, Baleira, Baralla, Castroverde, Cervantes, Monterroso, Navia de Suarna, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.
- Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 11.
- Chantada: 16 (2 menos).
- Monforte: 68 (3 máis).
- O Saviñao: 11 (1 máis).
- Pantón: 16 (3 menos).
- Quiroga: 73 (5 menos).
- Taboada: 19 (3 menos).
- Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Sober.