A terceira edición do festival MindoMúsica celebrarase entre xuño e xullo
O festival MindoMúsica 2021, que chega este ano a súa terceira edición, celebrarase do sábado 26 de xuño ao domingo 4 de xullo en diferentes parroquias do Concello de Mondoñedo, na Casa dos Coengos, na Catedral, no Auditorio Municipal Pascual Veiga e no Centro Cultural da Alcántara.
Este festival de música de cámara e iniciativa de la violinista mindoniense Rebeca Maseda informou da programación deste ano que contará coas pertinentes medidas de seguridade sanitarias e ademais de que todos os eventos serán de entrada libre, previa reserva de invitación na oficina de turismo de Mondoñedo.
O sábado 26 de xuño en diferentes parroquias mindonienses farase o Parroquias Tour, un mini-concerto e un encontro coa veciñanza. Dúo de violín e cello cunha sonatina para violoncello e violín de J.Pacheco.
O día 1 de xullo ás 20:30 horas na Casa dos Coengos será o faladoiro sobre o Arquivo de Música da Catedral de Mondoñedo a cargo de C.Villanueva, musicólogo e catedrático da USC, e J.Trillo, compositor e profesor no CSMV.
O venres 2 ás 20:30 horas na Catedral poderase desfrutar das obras relacionadas co Arquivo de Música da Catedral como Motetes de J.Pacheco, Cuarteto en Re M, op.71, n.2 de J.Haydn e Cuarteto de Almeida.
O sábado 3 ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga será o concerto de música de cámara con obras de J.Brahms e R.Schumann.
Xa o domingo día 4 poderase desfrutar do concerto de música de cámara con obras de O.Messiaen e J.Brahms no Centro Cultural da Alcántara.
Algúns dos artistas que participarán neste festival son Antonio Viñuales (violín), Rebeca Maseda (violín), Miguel Ángel Rodríguez (viola), Iván Siso, Miquel Ramos (clarinete), e Rosalía Gómez (piano).
MindoMúsica nace cuns obxectivos moi claros e diferenciados que dan conta da súa excepcionalidade como a difusión das grandes xoias do repertorio camerístico nun festival de características únicas en Galicia, sendo un referente musical e cultural dentro de España. Tamén serve como proxecto de calidade e diferencial para a promoción turística de Mondoñedo e da Mariña.
Por outra banda ten un compromiso real coa democratización da cultura levando a música ao mundo rural co Parroquias Tour. e revaloriza o excelente patrimonio conservado no Arquivo de Música da Catedral de Mondoñedo.Así como afonda en aspectos socioeducativos a través de actividades pedagóxicas innovadoras: talleres de confraternización entre artistas residentes e alumnado e ANPAS da Escola Municipal de Música O Pallarego, Colexio Público Álvaro Cunqueiro Mora e IES Plurilingüe San Rosendo. - Afondar nos beneficios psicolóxicos da música: talleres de musicoterapia na Residencia e Centro de Día San Rafael e no Centro Asistencial San Paulo e San Lázaro.