Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid continúa o seu crecemento a un ritmo de preto de 30 casos novos diarios e destaca como noticia da xornada que as UCI na provincia quedaron baleiras de casos.
Hoxe hai 224 casos activos, 24 máis que onte, cun rexistro de 27 novos positivos e 4 altas. Onte houbo 30 máis, con 37 novos contaxios e 5 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.251 casos rexistrados e 255 persoas falecidas, 38 nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria mantense con dúas persoas ingresadas na planta do Hula pero coas UCI baleiras por primeira vez dende hai meses.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións. As autoridades estudan volver incluír limitacións debido ao crecemento dos casos.
POR COMARCAS
Segue a aumentar de forma sustancial os concellos que teñen casos de covid. Nas últimas 24 horas sumáronse 6, dous na Mariña, dous en Sarria e 2 en Ribeira Sacra. Deste modo, a covid esténdese claramente xa pola provincia deixando a 27 deles afectados con Vilalba, Outeiro de Rei e Lugo por riba dos 10 casos.
A Mariña
- Xove e Mondoñedo volven ter casos.
- Por debaixo de 10: Foz, Ribadeo, Burela, Viveiro e Alfoz.
- O Valadouro leva unha semana sen casos. Incorpóranse O Vicedo e Barreiros.
- Máis de quince días limpos: A Pontenova, Cervo, Lourenzá, Ourol, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- Vilalba chega aos 10 casos.
- Outeiro de Rei mantén os 12 contaxios.
- Por debaixo de 10 contaxios: Meira, Guitiriz, Begonte, Friol e Castro de Rei.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Pol.
- Máis de quince días limpos: Abadín, A Pastoriza, As Pontes, Cospeito, Muras, Rábade e Xermade.
Comarca de Sarria
- Paradela e o Páramo volven ter casos.
- Sarria, por debaixo de 10.
- Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, Samos e Triacastela.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo superan o centenar. Xa son 106 (10 máis).
- Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Palas e As Nogais e Antas.
- Baleira leva unha semana sen casos.
- Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.
Ribeira Sacra
- Volven os casos a Monforte e A Pobra de Brollón.
- Por debaixo de 10 contaxios: Chantada, Carballedo e Folgoso do Courel.
- Máis de quince días limpo: Bóveda, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
RESTRICIÓNS
Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.
- Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
- Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
- No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.