A Xunta concedeu axudas para financiar actividades de 26 entidades

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional habilitou este ano unha partida de 66.298 euros
Anpas-Xunta
11 Aug 2024

A Xunta concedeu este ano axudas para financiar actividades de 26 entidades, entre confederacións e federacións de asociacións de nais e pais do alumnado e anpas de centros de Educación Especial.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional habilitou este ano unha partida de 66.298 euros, un 10 % máis ca o ano pasado, co obxectivo a contribuír ao funcionamento destas asociacións.

As axudas van destinadas tanto para a realización de actividades, como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período.

A subvención é compatible con outras axudas outorgadas por outra administración pública ou entes públicos ou privadas, nacionais ou internacionais.

Na Coruña, as axudas foron para CONFAPA, FAPA, Federación centros públicos “A Costa da Morte”, ANPA CEE Amicos, Confederación ANPAS galegas, Federación de centros públicos Compostela e ANPA Colexio Duques de Lugo.

En Lugo, as axudas foron para FAPACEL, FAPA a ANPA CEE Santa María e a ANPA CEE “Infanta Elena” de Monforte.

E en Ourense as axudas foron para CONGAPA, Federación provincial de ANPAS de centros públicos As Burgas, Federación de ANPAS de Centro Privados e Concertados e ANPA CEE O Pino.

0.12124395370483