A Xunta garante que as axudas polos incendios chegarán aos novos municipios afectados

A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, visitou este fin de semana varias zonas afectadas en Sober e Pantón, onde o lume declarado o pasado xoves xa calcinou máis de 2.000 hectáreas
xunta-incendio-panton
22 Sep 2025

A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, desprazouse este fin de semana a varias zonas afectadas polo incendio declarado o pasado xoves no concello de Pantón, que actualmente continúa activo e en Situación 2 como medida preventiva tras afectar unha superficie estimada de 2.000 hectáreas, incluíndo terreos na localidade veciña de Sober. A evolución do lume é favorable neste momento.

Durante a súa visita, Gómez achegouse primeiro a Rosende, en Sober, onde comprobou os danos en varios viñedos da Ribeira Sacra. Posteriormente trasladouse a San Román de Acebre, xa en Pantón, para avaliar os efectos do incendio nesta zona. A xornada rematou no posto de mando avanzado, onde puido coñecer de primeira man a situación actual do lume, no que traballa un amplo dispositivo da Xunta de Galicia coa colaboración da Unidade Militar de Emerxencias (UME), os bombeiros comarcais, os GES e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

A conselleira avanzou que “as axudas que a Xunta de Galicia puxo a disposición para paliar os danos dos incendios chegarán tamén a todos os damnificados polos novos incendios forestais”.

⚙ Configurar cookies
0.39607691764832