A Xunta traballa xa cun total de 23 iniciativas empresariais no marco da aceleradora de proxectos Xerme Ecommerce

Xerme Ecommerce é o primeiro programa de formación que se levará a cabo da man do Clúster do Ecommerce Galego
Xerme-Ecommerce-Xunta
9 Aug 2024

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración traballa xa cun total de 23 iniciativas empresariais -13 delas asesoradas na Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego- no marco da aceleradora de proxectos Xerme Ecommerce, o primeiro programa de formación que se levará a cabo da man do Clúster do Ecommerce Galego e no que se botará man de profesionais en activo do mundo do comercio electrónico para que os proxectos elixidos aprendan a lanzar, xestionar e rendibilizar os seus negocios en liña.

O programa está dirixido tanto a novos proxectos no eido do comercio electrónico como a negocios existentes que aposten por acceder ás oportunidades de expansión que ofrece a comercialización dixital. De feito, das 23 empresas escollidas, 11 xa venden online e outras 4 só teñen local físico, mentres outras 8 contan con ambas opcións habilitadas pero con interese en potenciar a venda electrónica.

En concreto, a través de Xerme Ecommerce, avógase pola formación e pola mentorización, con obradoiros, titorización personalizada e sesións docentes para que os emprendedores busquen oportunidades en todos os mercados, apoiados en expertos profesionais na materia.

Canto aos sectores representados, 20 dos proxectos elixidos refírense a produtos, mentres os outros tres abranguen servizos de viaxes, turísticos e de formación respectivamente. No primeiro grupo, destacan as iniciativas de distribución de produtos alimentarios, cosméticos, relacionados coa moda ou coa artesanía, entre outros relativos á xoiería, á cultura, á tecnoloxía ou ao campo dos xoguetes.

O Clúster O Clúster do Ecommerce Galego co que se leva a cabo por vez primeira o programa Xerme Ecommerce aposta polo desenvolvemento do talento e da competitividade das empresas galegas mediante o apoio, incentivo e promoción do comercio electrónico. A través do Clúster promóvese que convivan empresas nativas dixitais con empresas físicas que teñen unha importante actividade online, facilitando a aprendizaxe mutua.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.066673040390015