Abadín estrea o Reto Sube e Baixa con motivo da celebración do Expogrelo

Abadín acollerá o vindeiro 1 de marzo de 2025 un novo desafío deportivo: o Reto Sube e Baixa, unha actividade que porá a proba a resistencia e habilidade dos participantes no marco do Expogrelo 2025.
A competición, que dará comezo ás 17:00 horas, contará con diferentes categorías e distancias adaptadas a todas as idades:
A categoría absoluta será de 6 km (3 km de subida + 3 km de baixada), a sub14 e sub16 será de 2 km (1 km de subida + 1 km de baixada) e a sub10 e sub12, de 1 km (500 m de subida + 500 m de baixada). Tamén haberá unha proba para os pequenos anteriores a 2018. A saída e a chegada será a carón do pavillón de Abadín.
Haberá diferentes categorías na absoluta, dúas para os menores de 30 anos e catro de veteranos, ademais da de adultos.
As inscricións xa están abertas e pódense realizar a través das páxinas ccnorte.com e terrachallenge.ccnorte.com. A data límite para anotarse é o 27 de febreiro.
Desde a organización animan a todos os amantes do deporte e da natureza a participar nesta esixente pero apaixonante proba, que converterá Abadín nun punto de encontro para corredores e corredoras dispostos a superar o reto.