Aberto o prazo de inscrición no servizo de "madrugadores" do CEIP de Lagostelle

GaliciaXa
O Concello de Guitiriz abre o prazo de inscrición para o servizo de “madrugadores”.
ceip lagostelle
ceip lagostelle
22 Ago 2017

O Concello de Guitiriz abre o prazo de inscrición para o servizo de “madrugadores”.

O programa pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar a través da apertura do CEIP de Guitiriz en horario de oito a nove e media da mañá onde os nenos e nenas disponen de actividades lúdico-didácticas. Ademais, aqueles e aquelas que o desexen poden levar cadanseu almorzo.

O prazo de inscrición –nas oficinas municipais do Concello- pecha o 8 de setembro; xa que o servizo dará inicio o martes 12.

0.17146611213684