Abre o prazo para solicitar praza nas escolas infantís públicas da Xunta

O trámite poderá facerse ata o 4 de abril
escola-infantil
17 Mar 2025

Abriu o prazo de matrícula para as escolas infantís públicas autonómicas para o vindeiro curso 2025-2026, tempo no que os pais e nais poderán solicitar unha das máis de 10.500 prazas ofertadas ata o vindeiro 4 de abril.

O Diario Oficial de Galicia publicou o calendario de matriculación para o que será o cuarto ano de gratuidade destes centros. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, lembra que Galicia foi pioneira en facer gratuítas todas as escolas infantís, independentemente da súa titularidade, durante oito horas ao día e once meses ao ano. Unha medida a disposición de máis de 32.000 familias e na que a Xunta inviste máis de 65 millóns de euros ao ano.

⚙ Configurar cookies
0.13398790359497