Activo un incendio forestal en Barreiros que xa afecta a máis de vinte hectáreas

O lume en San Xusto de Cabarcos provoca unha intensa fumareda e mobiliza un amplo operativo
incendio-Vilamar-Barreiros
14 Sep 2025

O municipio de Barreiros sofre desde as 16.14 horas deste domingo un incendio forestal activo no lugar de Vilamar, pertencente á parroquia de San Xusto de Cabarcos, que segundo as estimacións provisionais xa afecta unha superficie superior ás vinte hectáreas.

As lapas obrigaron a cortar a autovía en sentido A Coruña debido á intensa fumareda, polo que se pide á veciñanza e ás persoas condutoras extremar a precaución.

Para a súa extinción mobilizáronse 2 técnicos, 4 axentes, 9 brigadas, 9 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 3 avións, que traballan de forma coordinada para conter o avance do lume.

A Consellería do Medio Rural lembra que o número gratuíto 085 está dispoñible para comunicar a detección de calquera incendio forestal. Ademais, habilítase o teléfono anónimo e gratuíto 900 815 085 para denunciar posibles actividades incendiarias.

⚙ Configurar cookies
0.28325700759888