Alcoa prevé pérdas e o comité reclama celeridade co estatuto electrointensivo
O presidente de Alcoa en España, Álvaro Dorado, visitou a fábrica de San Cibrao e mantivo unha reunión co comité de empresa para informar sobre a pasada poxa eléctrica e a situación actual.
O presidente afirmou que "con este prezos é máis inviable aínda a produción de aluminio no Estado español", e manifestou que Alcoa continuará analizando os resultados e estratexias.
Por outra banda, manifestou tamén que as conversas co Goberno Central e coa Xunta eran fluídas pero que de momento descoñecían a data de saída do estatuto e se este contemplaba algunha medida a maiores das anunciadas.
Por último, Dorado comentou que "os resultados da subasta deixanos nunha situación aínda peor que a do 2019, con 325MW en bloques de 5Mw e un cómputo dun 90% menos respecto ao ano 2019. Non é probable de que de haber unha subasta no segundo trimestre, melloren as condicións anteriores".