Ángela Balado, bronce no Mundial Cadete!

A taekwondista galega do club Mat’s subiu ao podio do Mundial Cadete, celebrado en Fujairah (Emiratos Árabes), tras unha brillante actuación na categoría +59 kg. Balado superou tres eliminatorias e logrou unha histórica medalla de bronce para Galicia e para o taekwondo estatal.
No seu primeiro combate, impúxose con autoridade a Mattar Mohammed (Arabia Saudita) por dous asaltos. Xa con confianza, enfrontouse a unha das rivais máis duras do cadro, a brasileira Vitoria Sassaki Ferreira, a quen venceu nun intenso combate a tres asaltos. En cuartos de final, a galega dominou a Melina Georgi Kourelou (Grecia) e garantiu a medalla. Xa en semifinais, non puido superar a croata Loren Opacak, mais destacou por ter corrixido erros e manterse competitiva ata o final.
Arianna Deibe (-51 kg, Kwon Betanzos) tamén competiu, superando a primeira rolda ante Xordania, pero caendo na segunda ante Portugal.
Dani Abeijón (-41 kg, Natural) será o último representante galego en competir mañá, martes 14.
Un éxito máis para o taekwondo galego nun campionato mundial de máximo nivel.