Antonio Serrat, bronce mundial na casa: gran actuación dos galegos no Mundial de Duatlón de Pontevedra

A cidade de Pontevedra acolleu o Campionato do Mundo de Duatlón con grandes resultados para os galegos, entre eles un bronce para Antonio Serrat na categoría élite masculina.
Duatlon Pontevedra
23 Jun 2025

A cidade de Pontevedra viviu este sábado unha auténtica festa do duatlón coa celebración do Campionato do Mundo, que abriu o calendario do Mundial Multideporte 2025. A xornada deixounos unha excelente actuación dos e das deportistas galegos, cun destacado bronce para Antonio Serrat Seoane, vigués federado pola Federación Galega de Tríatlon, na proba élite masculina.

Serrat estivo sempre entre os primeiros nunha carreira moi igualada, rematando terceiro con 1h14:41, por detrás do francés Benjamin Choquert (1º) e do belga Arnaud Dely (2º).

Podio Elite Masculino:

Benjamin Choquert (FRA) – 1h14:37

Arnaud Dely (BEL) – 1h14:41

Antonio Serrat Seoane (ESP) – 1h14:41

Na categoría élite feminina, a española María Varo logrou unha meritoria prata tras liderar boa parte da proba e ser superada nos metros finais pola italiana Giorgia Priarone, que se fixo co ouro. A francesa Camille Laurent completou o podio e proclamouse tamén campioa do mundo sub-23. A galega Sara Reimondo (Cidade de Lugo Fluvial) finalizou 11ª.

Podio Elite Feminina:

Giorgia Priarone (ITA) – 1h24:40

María Varo Zubiri (ESP) – 1h24:45

Camille Laurent (FRA) – 1h24:52

Na categoría júnior, Damián Suárez (Club Deportivo Delikia) asinou unha excelente 5ª posición. Na carreira feminina, Cristina Jiménez-Orta proclamouse campioa do mundo júnior e María Tenorio foi bronce. A italiana Licia Ferrari acadou a prata.

Podio Júnior Masculino:

Caleb Wagener (NZL)

Nicholas Horne (RSA)

Emiliano Tassinari (ITA)

Podio Júnior Feminino:

Cristina Jiménez-Orta (ESP)

Licia Ferrari (ITA)

María Tenorio (ESP)

Tamén competiu na categoría sub-23 o galego Jarno Pousada (Cidade de Lugo Fluvial), quen terminou en 11ª posición.

Desde a Federación Galega de Tríatlon felicitan a todos os deportistas pola súa entrega e competitividade, nunha cita mundialista que deixou unha excelente imaxe do tríatlon galego e un ambiente extraordinario.

⚙ Configurar cookies
0.27976393699646