Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
O crecemento da covid refrenouse este luns debido principalmente ao elevado número de altas e aun mantemento á baixa do número de novos contaxios. A situación, por outra banda, na UCI empeora.
Hoxe hai 650 casos activos, 5 máis que onte, cun rexistro de 44 novos positivos e 39 altas. Onte houbo 26 máis, con 48 novos contaxios e 22 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.961 casos rexistrados e 256 persoas falecidas, unha delas nesta sexta vaga.
A presión hospitalaria preocupa na UCI. Hai cinco ingresados xa na UCI de Lugo (1 máis) e 6 pacientes en planta (1 menos), 3 no Hula, 2 na Mariña e 1 en Monforte (1 menos).
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións.
POR COMARCAS
A Ribeira Sacra é o concello con máis crecemento da covid con a maior parte dos concellos por riba dos dez casos. Na Mariña a situación mellora e se mantén no interior da provincia.
A Mariña
- Viveiro reduce a 11 casos (2 menos).
- Ribadeo sobe ata 28 enfermos (2 máis).
- Por debaixo de 10: A Pontenova, Burela, Trabada, Lourenzá, Foz, Mondoñedo, Cervo e Alfoz.
- Unha semana sen casos: O Vicedo, Xove, O Valadouro e Barreiros.
- Máis de quince días limpos: Ourol e Riotorto.
Terra Chá
- Vilalba sobe a 42 contaxiados (5 máis).
- Outeiro de Rei sobe a 17 enfermos (1 máis).
- As Pontes suma 1 máis ata 12 casos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei, Xermade, A Pastoriza e Abadín.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Pol.
- Máis de quince días limpos: Cospeito, Muras, Rábade, Guitiriz, Begonte e Meira.
Comarca de Sarria
- Sarria suma 1 ata 20 casos.
- Por debaixo de 10 contaxios: O Incio, Láncara e Paradela.
- Máis de quince días limpos: Samos, Triacastela e O Páramo.
Centro da provincia
- Lugo reduce de novo contaxios con 222 (6 menos).
- Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Guntín, Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Monterroso, Palas, As Nogais, Antas e Becerreá.
- Ente 1 semana e 15 días sen casos: Cervantes, Baralla e Castroverde. Únese Portomarín.
- Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira e Negueira de Muñiz. Únese Pedrafita.
Ribeira Sacra
- Carballedo: 11 positivos.
- Chantada: 45 contaxios (4 máis).
- Folgoso do Courel: 14 (1 máis).
- Monforte: 38 casos (4 máis).
- O Saviñao: 31 enfermos (5 máis).
- Quiroga chega a 11 casos.
- Taboada: 21 contaxios (4 máis).
- Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Pantón e Ribas de Sil.
RESTRICIÓNS
Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.
- Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
- As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
- Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.