Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Aumenta o ritmo de crecemento da covid compensado cunha caída da hospitalización e sen enfermos na UCI.
Así, hoxe hai 2.355 casos activos, 129 máis que onte, con 239 novos contaxios e 110 altas. Onte os casos subiron en 120, con 243 novos contaxios e 121 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 54.160 casos rexistrados e 313 persoas falecidas.
A presión hospitalaria cae de forma considerable. As UCI volven estar baleiras e en planta son 29 (12 menos), 12 no de Lugo (12 menos), 7 na Mariña e 10 en Monforte.
POR COMARCAS
Aunque en termos xerais o número de casos aumenta, a nivel concellos, a tendencia é á baixa. Viveiro ralentiza o crecemento con 12 máis pero Xove o aumenta con 21. Pola outra banda, Sarria descende 13 e Monforte 11.
Descende o número de concellos limpos de covid a 6 (1 menos) e son 28 os que teñen menos de dez casos (6 máis).
A Mariña
- A Pontenova: 10.
- Burela: 96 (9 máis).
- Cervo: 50 (2 máis).
- Foz: 72 (5 máis).
- Mondoñedo: 25 (4 menos).
- Ourol: 12.
- O Valadouro: 19 (4 menos).
- O Vicedo: 18 (4 máis).
- Ribadeo: 34 (1 máis).
- Viveiro: 292 (12 máis).
- Xove: 77 (21 máis).
- Por debaixo de 10: Afoz, Barreiros, Riotorto e Trabada.
- Sen casos nunha semana: Lourenzá.
Terra Chá
- A Pastoriza: 15 (5 menos).
- As Pontes: 114 (6 máis).
- Begonte: 15 (3 menos).
- Castro de Rei: 41 (5 menos).
- Cospeito: 12 (3 menos).
- Guitiriz: 23 (3 máis).
- Meira: 17 (3 máis).
- Outeiro de Rei: 29 (1 máis).
- Vilalba: 129 (2 máis).
- Xermade: 13.
- Por debaixo de 10: Abadín, Friol, Muras, Pol e Rábade.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 38 positivos (3 menos).
- Baralla: 13 (2 menos).
- Castroverde: 14 (1 máis).
- Lugo: 1.015 (7 menos).
- Monterroso: 14.
- O Corgo: 16.
- Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Guntín, Palas de Rei, Portomarín e Ribeira de Piquín.
- Unha semana limpo: Navia de Suarna e Negueira de Muñiz.
- Quince días sen casos: Pedrafita.
Comarca de Sarria
- O Páramo: 10
- Sarria: 73 (13 menos).
- Por debaixo de 10: Láncara, O Incio, Paradela e Samos.
- Sen casos nunha semana: Triacastela.
Ribeira Sacra
- Carballedo: 19 (2 menos).
- Chantada: 96 (2 máis).
- Monforte: 121 (11 menos).
- O Saviñao: 22 (3 menos).
- Taboada: 13 casos.
- Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.
- Unha semana sen contaxios: Folgoso do Courel.
RESTRICIÓNS
- Certificado covid só en centros sanitarios.
- Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).