Asfedro

Por Julia M.ª Dopico Vale y Piñeiro.
O próximo 16 de outubro, no emblemático Teatro Jofre de Ferrol, terá lugar o acto de conmemoración do 40 aniversario de ASFEDRO —Asociación Ferrolá de Drogodependencias—, que xurdiu en 1985 como resposta á chamada “epidemia da heroína” que asolou a xuventude das décadas dos “70” e dos “80”, provocando mortes e outras enfermidades derivadas e chegando a xerar unha crise na saúde pública.
Os efectos eufóricos desta droga, extraída do opio, xeran unha forte dependencia física; aínda que en 1985 a compañía farmacéutica alemá “Bayer” comercializaba de maneira regular a “diacetilmorfina” como un dos seus produtos rexistrado co nome de “Heroína” —“heroisch”— debido a estes efectos mencionados.
Asfedro ten a súa sede no barrio ferrolán de Caranza, como cita Lorena Bustabad nun reportaxe cuxo título é máis que significativo: “A Xeración Perdida de Caranza”, lembrando que o barrio, naquel momento, estaba habitado por obreiros e fillos de obreiros, onde a heroína se enredou fortemente debido á desinformación, á falta de recursos, ao paro… provocando estragos como os que se citan noutro artigo publicado en “El País”, que lembra o caso de María Luisa, que perdeu cinco dos seus nove fillos por esta causa.
Ante a desidia da administración pública, un grupo de veciños, profesionais e políticos de Ferrol creou a asociación. Desde entón trabállase firmemente nun problema aínda non resolto, obtendo Asfedro, polo seu labor, destacados recoñecementos, aínda que a súa actuación caracterízase pola discreción, algo do que son testemuña, chegando a participar hai anos, coa música, nunha destas galas invitada por un “veterano” que xa non está con nós. Ás veces obtéñense resultados positivos, outras veces non.
Para min, e agora, valga esta frase recollida en varios libros espirituais: “Quen salva unha vida é como se salvara a toda a humanidade”.