Aumenta a hospitalización e baixan lixeramente os casos activos

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
mascaras covid
29 Jan 2022

Os casos activos de covid baixaron na xornada de hoxe aínda que os contaxios diarios seguen en cifras bastante elevadas.

Así, hoxe hai 6.900 casos activos, 27 menos que onte, con 590 novos contaxios e 613 altas. Onte os casos subiron en 217, con 613 novos contaxios e 395 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 42.400 casos rexistrados e 280 persoas falecidas, unha máis ca onte.

A presión hospitalaria increméntase lixeiramente. Na UCI do Hula son 7 os ingresados, mentres en planta son 75 os pacientes (8 máis), 59 no de Lugo (8 máis), 9 na Mariña (igual) e 7 en Monforte (igual).

POR COMARCAS

Hoxe nótase unha baixada xeralizada en todos case todos os concellos na que destacan os 137 casos menos en Lugo, 54 en Ribadeo, 39 en Vilalba e 31 en Sarria.

No tocante ás subidas practicamente todas están por debaixo dos 10 casos agás Mondoñedo con 14 e Castro de Rei con 13.

Agora mesmo xa non hai ningún concello limpo de covid e son catro os que teñen menos de dez casos: Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Ourol, e a eles incorpórase na xornada de hoxe Muras.

A Mariña

  • Alfoz: 37 (2 máis).
  • A Pontenova: 102 (3 máis).
  • Barreiros: 93 (1 menos).
  • Burela: 288 (20 menos).
  • Cervo: 162 (1 menos).
  • Foz: 274 (9 menos).
  • Lourenzá: 57 (1 menos).
  • Mondoñedo: 126 (14 máis).
  • O Valadouro: 76 (5 menos).
  • O Vicedo: 39 (1 máis).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 305 (54 menos).
  • Riotorto: 21 (1 máis).
  • Trabada: 21 (1 máis).
  • Viveiro: 343 (10 menos).
  • Xove: 69.

Terra Chá

  • Abadín: 49 contaxios.
  • A Pastoriza: 98 (4 menos).
  • As Pontes: 268.
  • Begonte: 59 (7 menos).
  • Castro de Rei: 122 (13 máis).
  • Cospeito: 93 (7 menos).
  • Friol: 62 (4 menos).
  • Guitiriz: 121 (14 menos).
  • Meira: 55 (7 máis).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 122 (6 menos).
  • Pol: 23 (2 máis).
  • Rábade: 25.
  • Vilalba: 388 (39 menos).
  • Xermade: 34 (2 máis).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 56 enfermos (2 menos).
  • O Incio: 39 (1 máis).
  • O Páramo: 39 (4 máis).
  • Paradela: 49 (4 menos).
  • Samos: 29 (5 menos).
  • Sarria: 408 (31 menos).
  • Triacastela: 16 (4 menos).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 70 positivos (2 máis).
  • As Nogais: sube a 11 casos.
  • Antas de Ulla: 25 (2 máis).
  • Baleira: 19 (1 máis).
  • Baralla: 62 (3 máis).
  • Becerreá: 61 (1 menos).
  • Castroverde 64 (3 menos).
  • Cervantes: 17 (3 máis).
  • Guntín: 61 (1 máis).
  • Lugo: 2.835 (137 menos).
  • Monterroso: 70 (11 menos).
  • Navia de Suarna: 12 (1 máis).
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 61 (2 máis).
  • Palas de Rei: 65 (4 menos).
  • Pedrafita: 10 (1 menos).
  • Portomarín: 16 (1 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 58 enfermos (3 menos).
  • Bóveda: 18 (1 menos).
  • Carballedo: 49 (4 máis).
  • Chantada: 318 (8 menos).
  • Folgoso do Courel: 11 (1 menos).
  • Monforte: 423 (7 menos).
  • O Saviñao: 49 (1 máis).
  • Pantón: 49 (4 menos).
  • Quiroga: 73 (1 menos).
  • Ribas de Sil: 30 (3 menos).
  • Sober: 29 (5 menos).
  • Taboada: 49.

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12954497337341