Aumenta a hospitalización e os casos activos seguen multiplicándose

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
hula lugo covid coronavirus3
23 Jul 2021

A covid segue crecendo de forma desproporcionada e suma un total de 134 casos activos máis en 24 horas chegando a acadar xa os 1.498. Esta cifra obtense por 186 novos contaxios que sumaron neste tempo e as 52 altas.

Na xornada de onte foi de 123 o aumento de casos activos, con 174 novos positivos e 51 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 14.970 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense en 19 persoas ingresadas (4 máis). No Hula hai 11 en planta (3 máis) e 1 na UCI; 6 na Mariña (1 máis) e 1 en Monforte.

POR COMARCAS

A covid segue atacando e todas as zonas, principalmente nas máis poboadas e con unha incidencia virulenta na Mariña.

A Mariña

  • Viveiro dispárase a 155 casos (17 máis), Cervo suma xa 31 casos (1 máis), Burela 104 (17 máis), Foz 91 (11 máis), Ribadeo 61 (8 máis), Mondoñedo 20 casos (2 máis) e Barreiros (11 máis), todos en valores de alerta alta ou máxima. Únese Lourenzá, que chega a 10 casos.
  • Ourol, O Valadouro, O Vicedo e Alfoz con menos de dez casos, tamén teñen a incidencia moi alta.
  • Con algún caso activo e incidencia baixa están Trabada e Xove.
  • Riotorto e A Pontenova levan unha semana sen casos.

Terra Chá

  • Vilalba chega a 45 casos (5 máis) e coa incidencia preto de valores de alerta.
  • Outeiro de Rei eleva a incidencia ao chegar a 10 casos. Os mesmos de Rábade, este en alerta moi alta.
  • Castro de Rei e Meira xa están por debaixo dos dez casos e A Pastoriza mantén 10 aínda que baixa a incidencia nos tres.
  • Abadín ten menos de 10 pero mantén a incidencia alta.
  • As Pontes ten 24 casos (6 máis) e está en zona de risco.
  • Guitiriz, Friol, Pol, Begonte e Cospeito teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras e Xermade.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 464 (30 máis), xa coa incidencia alta.
  • Monterroso con 16 (4 máis) casos e Palas con 11 están con incidencia moi alta.
  • Portomarín e A Fonsagrada teñen a incidencia con valores preto de risco e menos de dez casos.
  • Guntín, O Corgo, Pedrafita, Castroverde, As Nogais, Cervantes e Baralla teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Antas de Ulla e Ribeira de Piquín están sen casos na última semana. Súmase Becerreá.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria suma positivos de novo ata 63 (3 máis).
  • Paradela con 10 e O Páramo con menos de dez casos teñen a incidencia moi alta.
  • Láncara e Samos teñen a incidencia preto de valores de alerta. Súmase Triacastela.
  • O Incio segue limpo de covid dende fai dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe a 62 casos (15 máis).
  • Chantada sobe de novo a 37 casos (5 máis).
  • O Saviñao, Bóveda, Carballedo e Taboada con menos de dez casos ambos, están en valores preto de alerta.
  • Sober, Pantón e A Pobra de Brollón teñen casos pero con baixa incidencia. Únese Ribas do Sil.
  • Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel e Quiroga.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13801312446594