Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Á espera das novas medidas, a covid incrementa o ritmo de crecemento. Así, hoxe hai 85 casos activos, 13 máis que onte, cun rexistro de 14 novos positivos e 2 altas. Onte houbo 4 máis, con 11 novos contaxios e 5 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.087 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria continúa en 3 persoas ingresadas: queda unha na UCI do Hula e 2 en planta, tamén no centro hospitalario de Lugo.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións. As autoridades non descartan volver incluír limitacións se o aumento dos contaxios continúa, aínda que estudarán cales serán os máis eficientes. O conselleiro indicou que aínda non hai risco.
POR COMARCAS
O número de concellos afectados pola covid sobe de novo ata 15 (2 máis). Estaban afectados O Valadouro, Foz e Ribadeo na Mariña e únense Burela; na Terra Chá a Meira, Vilalba e Pol súmanse Outeiro de Rei e Guitiriz e queda limpo Castro de Rei; no centro seguen afectados Lugo e Baleira e O Corgo, e no sur seguen con casos en Sarria, Carballedo e Chantada.
A Mariña
- Burela volve ter casos.
- Por debaixo de 10: Foz, O Valadouro e Ribadeo.
- Riotorto leva unha semana sen casos.
- Máis de quince días limpos: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, O Vicedo, Ourol, Trabada, Viveiro e Xove.
Terra Chá
- Guitiriz e Outeiro de Rei volven ter casos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Meira, Vilalba e Pol.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Castro de Rei.
- Máis de quince días limpos: Abadín, A Pastoriza, As Pontes, Begonte, Cospeito, Friol, Guitiriz, Muras, Rábade e Xermade.
Comarca de Sarria
- Sarria, por debaixo de 10.
- Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo seguen subindo. Xa son 41 (7 máis).
- Por debaixo dos 10 casos: Baleira e O Corgo.
- Entre unha semana e 15 días sen casos: Ribeira de Piquín.
- Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín.
Ribeira Sacra
- Por debaixo de 10 contaxios: Carballedo e Chantada.
- Entre unha semana e 15 días sen casos: Monforte.
- Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
RESTRICIÓNS
Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.
- Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
- Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
- No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.