Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Xa van cinco días consecutivos nos que o número de casos activos de covid na provincia mantense en 208 malia que os novos contaxios aumentaron e a hospitalización cae.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 1219casos novos (onte foron 12). As altas chegaron ás 12.593, 19 en 24 horas, cando onte foron 10.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.022 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.
A presión hospitalaria cae. Seguen 2 persoas ingresadas na UCI do Hula pero hai 2 nas diferentes plantas (2 menos), as dúas no Hula xa que os hospitais de Burela e Monforte quedan libres de covid.
Os cambios de restricións por concellos quedarán dende hoxe do seguinte xeito:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Viveiro e Xove.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
A incidencia baixa na maioría de concellos, agás en Lugo capital. Nos pequenos só Triacastela mantén a incidencia moi elevada. Xove e Viveiro baixan a niveis normais malia seguir en alerta media.
A Mariña
- Viveiro reduce a 18 contaxios (3 menos).
- No Vicedo comeza a baixar a incidencia coas altas e seguen por debaixo de 10 positivos.
- Xove xa está con incidencia baixa, ao igual que Burela.
- Foz, Ribadeo, O Valadouro, Cervo e Alfoz están sen casos na última semana.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Trabada, Lourenzá e Mondoñedo.
Terra Chá
- Vilalba volve a ter dez contaxiados.
- Friol ten casos pero con baixa incidencia.
- Outeiro de Rei mantén 11 contaxios e reduce a incidencia bruscamente polas altas.
- Cospeito, Meira e Abadín non tiveron casos na última semana.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, A Pastoriza, Xermade, Pol,Guitiriz, As Pontes e Begonte.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo soben 7 ata 76.
- Palas e o Corgo levan xa unha semana sen casos novos.
- Portomarín e Castroverde teñen casos pero con baixa incidencia.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Monterroso e Navia de Suarna.
Comarca de Sarria
- Sarria e Paradela teñen casos pero con moi baixa incidencia.
- Triacastela continúa cunha incidencia elevada.
- Samos, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.
Ribeira Sacra
- Monforte, Chantada e Taboada teñen casos pero con incidencia leve.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo, Sober, Pantón e A Pobra de Brollón. Únese Quiroga.