Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
 					
								
					
				
				O gromo detectado en Viveiro e Cervo segue causando un desaxuste nas estadísticas de contaxios. Deste modo, hoxe rexístrase unha nova subida das cifras, con 14 casos máis nun total de 106, cando na xornada anterior a subida foi de 24.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 18 casos novos (onte foron 25) e as altas chegaron ás 11.299, 9 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 6.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.724 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.
Nos hospitais, na UCI queda cun paciente pero volven subir os ingresos en planta, que agora son 7 (1 máis), 3 están no Hula, 2 en Burela e 2 en Monforte (1 máis).
O sistema de alertas, que está establecido en 4 niveis, estará a partir da medianoite do sábado do seguinte xeito:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
 
- Alta. Para incidencia de 250 a 500.
 
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Chantada, Viveiro e Cervo.
 
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
 
POR COMARCAS
Os gromos da Mariña seguen sumando positivos pero sen chegar a situación de alerta. En Vilalba a situación empeza a preocupar ao chegar aos 22 casos. Subida significativa tamén en Monforte. No resto, estabilidade.
A Mariña
- Viveiro chega aos 18 casos, 3 máis que onte.
 
- Cervo segue por debaixo de dez pero en alerta media.
 
- Incidencia leve en Burela, Foz, Xove e Ribadeo. Únense Lourenzá.
 
- Mondoñedo leva unha semana sen casos.
 
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros, Trabada, Lourenzá e Alfoz.
 
Terra Chá
- Importante subida de casos en Vilalba, que chega a 22 (8 máis).
 
- Pol e Guitiriz, por debaixo de dez, ten casos pero con incidencia leve.
 
- A Pastoriza, Xermade e As Pontes están sen casos en 7 días.
 
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol, Meira e Cospeito.
 
Centro da provincia
- Os casos en Lugo volven baixar. Son 66 (3 menos).
 
- Leva unha semana sen Monterroso.
 
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Palas. Únese O Corgo.
 
Comarca de Sarria
- Sarria e O Incio teñen casos pero con baixa incidencia.
 
- Láncara leva unha semana sen casos.
 
- Triacastela, Samos e Paradela seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos. Únese O Páramo.
 
Ribeira Sacra
- Chantada baixa a 11 casos (3 menos) e mantén a alerta media.
 
- Monforte ponse en 13 casos.
 
- Sober ten casos pero con incidencia leve. Únese Pantón.
 
- Folgoso, Taboada e Carballedo levan unha semana sen positivos.
 
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, A Pobra de Brollón e Quiroga.