Axenda electoral para hoxe na provincia
A axenda electoral para hoxe, 2 de febreiro, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos
PSOE
Láncara
13.00. O candidato nº 4 da candidatura socialista pola provincia ás eleccións autonómicas, Miguel Tomé; o alcalde de Láncara, Darío Piñeiro; o tenente alcalde e deputado Provincial Pablo Rivera, e a deputada provincial Pilar García Porto asisten á Feira da Pobra de San Xiao.
Pol
13.00. A candidata nº3 da candidatura socialista pola provincia ás eleccións autonómicas, Mayra García; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a candidata nº11, Marina Ramudo; e o alcalde de Pol, Lino Rodríguez, percorrerán a feira de Mosteiro.
Palas de Rei
20.30. A candidata nº 2 ás eleccións autonómicas e vicesecretaria Xeral do PSdeG, Lara Méndez; o candidato nº 4, Miguel Tomé; a voceira socialista en Palas de Rei, Ana Corredoira; e o secretario Xeral do PSdeG en Palas de Rei, Horacio Rouco, ofrecerán un mitin na casa da cultura.
PARTIDO POPULAR
Lugo
10.00. Integrantes da candidatura ás autonómicas participarán nun reparto electoral xunto a concelleiros do Grupo Municipal Popular. Carpa situada na Avda. da Coruña (á altura do parque de Frigsa).
16.30. Integrantes da candidatura ás autonómicas participarán nun reparto electoral xunto a concelleiros do Grupo Municipal Popular. Carpa situada na intersección da ronda da Muralla con Camiño Real.
20.30 Os membros da candidatura do PP lucense ao Parlamento de Galicia asistirán ao acto de iluminación da muralla de Lugo con motivo do Día Mundial contra o Cancro. Porta de San Fernando.
Burela
12.00 María Jesús Lorenzana, Cristina Sanz, José Manuel Balseiro e compañeiros da candidatura do PP lucense ao Parlamento de Galicia asisten ao mercado semanal de Burela.
Pedrafita do Cebreiro
12.30. Alberto Núñez Feijóo, ofrecerá declaracións aos medios na Área de descanso de Pedrafita do Cebreiro.
Monforte de Lemos
9.00. A candidata Raquel Arias acompañada polo deputado monfortino no Congreso, Francisco Conde, visitarán a SAT Lixeiro, en Probeiros.
14.30. Alberto Núñez Feijóo, participa nunha comida-mitin xunto á cabeza de lista pola provincia de Lugo, Elena Candia, e a presidenta local do PP e tamén candidata provincial, Katy Varela. Será no Hotel Cardenal (rúa das Hortas, 36).
12.00. As candidatas Raquel Arias e Katy Varela realizarán un reparto electoral acompañadas polo deputado monfortino no Congreso, Francisco Conde, no barrio da Estación.
Mondoñedo
18.00. Alberto Núñez Feijóo, realiza un paseo pola localidade acompañado pola cabeza de lista pola provincia de Lugo, Elena Candia, e o alcalde Manuel Ángel Otero. Na praza do Concello.
Rábade
13.00. Os candidatos José Luís Teijeiro e Enrique Barreiro participarán na feira de Rábade.
Viveiro
17.00. María Jesús Lorenzana, Alfonso Villares, Cristina Sanz, José Manuel Balseiro e compañeiros da candidatura do PP lucense ao Parlamento de Galicia visitan Gloswind. Avda. Benito Galcerán, 22-24, entrechán H (Viveiro).
18.30. María Jesús Lorenzana, Alfonso Villares, Cristina Sanz, José Manuel Balseiro e compañeiros da candidatura do PP lucense ao Parlamento de Galicia visitan Viveiro. Estación de autobuses.
BNG
Sarria
12.00. Ana Pontón estará en Chorente para o seu primeiro acto da campaña electoral do 18F. Estará acompañada dos seus pais, Aurita e Luís, e dará conta das súas impresións sobre este inicio de campaña. No lugar Airexe.
Monforte de Lemos
14.30 Olalla Rodil visitará o Porto Seco de Monforte.
Becerreá
19.30. Olalla Rodil estará nun acto con Montse Valcárcel, número 3 da candidatura, e Martín Gómez, portavoz do BNG en Becerreá. Na casa da cultura de Becerreá.