Axenda electoral para hoxe na provincia
A axenda electoral para hoxe, 4 de febreiro, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos
PSOE
Monforte
18.00 O secretario Xeral do PSdeG na provincia e alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, manterá un encontro co Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, xunto ao número catro da candidatura socialista ás eleccións autonómicas pola provincia, Miguel Tomé, e concelleiros e concelleiras socialistas. Praza da Compañía.
Lugo
19.00 O secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, participará no encontro do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, con representantes do Colexio de Avogados de Lugo, xunto á alcaldesa lucense, Paula Alvarellos, a número dous da candidatura socialista ás eleccións autonómicas pola provincia, Lara Méndez, e concelleiros e concelleiras socialistas. Cafetería Restaurante Rosalía de Castro.
O Vicedo
19.30 A número tres da candidatura socialista ás eleccións autonómicas pola provincia, Mayra García Bermúdez, a número nove, Catalina Fernández, e a Voceira do PSdeG no Vicedo, María Pérez Santaballa, ofrecerán un mitin. Centro sociocultural.
Vilalba
21.00 O secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, participará no encontro do Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, xunto á alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e concelleiros e concelleiras socialistas con veciños e veciñas do municipio. Parador.
PP
Becerreá
10.30. A responsable de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego, Ethel Vázquez, e integrantes da candidatura do PP da provincia de Lugo ás autonómicas do vindeiro 18 de febreiro manterán un encontro con transportistas. Hostal Rivera.
Lugo
11.00. Integrantes da candidatura ás autonómicas participarán nun reparto electoral xunto a concelleiros do Grupo Municipal Popular. Carpa situada en Divina Pastora.
Vilalba
11.30. Os candidatos ás autonómicas Enrique Barreiro e José Luis Novo participarán na feira de Vilalba.
Meira
11.30. O candidato Alfonso Villares asistirá á feira de Meira.
A Fonsagrada
12.30. Ethel Vázquez, Alfonso Villares e outros membros da candidatura do PP lucense ás autonómicas participarán na Feira do Butelo da Fonsagrada.
Lugo
17.00. Integrantes da candidatura ás autonómicas participarán nun reparto electoral xunto a concelleiros do Grupo Municipal Popular. Carpa situada na rúa da Raíña.
Baleira
18.00. Ethel Vázquez, Alfonso Villares, Miguel Ángel Fernández e outros membros da candidatura do PP lucense ás autonómicas visitarán O Cádavo (Baleira).
Viveiro
18.30. María Jesús Lorenzana, Alfonso Villares, Cristina Sanz, José Manuel Balseiro e compañeiros da candidatura do PP lucense ao Parlamento de Galicia visitan Viveiro. Estación de autobuses.
BNG
A Fonsagrada
12.00. Olalla Rodil, xunto con cargos orgánicos e institucionais do BNG en Lugo, asistirá á XXVII Feira do Butelo da Fonsagrada.
Vilalba
19.00 Acto público do BNG en Vilalba coas intervencións de Olalla Rodil (cabeza de lista por Lugo), Montse Valcárcel (número 3 da candidatura) e Tino Alvite (portavoz do BNG de Vilalba)