Axenda electoral para hoxe na provincia
A axenda electoral para hoxe, 5 de febreiro, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos
PSOE
Pedrafita do Cebreiro
10.30 As candidatas do PSdeG ás autonómicas pola provincia Lara Méndez e Teresa Fernández, o Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo, e o deputado provincial Pablo Rivera, xunto a compañeiros e compañeiras da agrupación socialista local visitarán o Centro de Atención a Maiores da Deputación e percorrerán a feira da vila. Casa do Concello.
Chantada
12.00. Os candidatos socialistas pola provincia ás eleccións autonómicas Miguel Tomé e Jaime Losada, e a Secretaria de Organización do PSdeG provincial, Pilar García Porto, visitará a feira de Chantada con compañeiros e compañeiras das agrupacións do partido xudicial de Chantada. Capitol.
PP
Lugo
10.00. Integrantes da candidatura ás autonómicas participarán nun reparto electoral xunto a concelleiros do Grupo Municipal Popular. Carpa situada na praza Maior.
Rábade
10.00. A titular de Política Social e Xuventude do Goberno galego, Fabiola García, acompaña ao número dous da candidatura do PP lucense ao Parlamento galego, Javier Arias, e outros membros da candidatura nunha visita a unha casa
niño. Restaurante Coto Real.
Palas de Rei
12.00. A responsable de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, acompaña a varios membros da candidatura do PP lucense ás autonómicas como Cristina Sanz ou Alicia López nunha visita á granxa Campomayor.
Sarria
12.00. A responsable de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, acompaña a varios membros da candidatura do PP lucense ás autonómicas como Cristina Sanz ou José Manuel Mato nunha visita a comercios de Sarria. Bar D Pont.
Outeiro de Rei
12.00. A titular de Política Social e Xuventude do Goberno galego, Fabiola García, acompaña ao nº2 da candidatura do PP lucense ao Parlamento galego, Javier Arias, e outros membros da candidatura nunha visita ao centro de día de Outeiro de Rei. Casa do Concello.
Monforte
13.30. A responsable de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, e as candidatas ao Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo Raquel Arias e Katy Varela, participan nun encontro con empresarios. Hotel Cardenal.
Vilalba
14.30. A vicepresidenta segunda do Goberno galego, Ángeles
Vázquez, a responsable de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e membros da candidatura do PP lucense ás autonómicas manterán un encontro con alcaldes e portavoces do partido xudicial de Vilalba. Restaurante A Lareira
Lugo
17.00. Integrantes da candidatura ás autonómicas participarán nun reparto electoral xunto a concelleiros do Grupo Municipal Popular. Carpa situada na confluencia entre a rúa San Pedro e a Ronda da Muralla.
Abadín
17.30. A responsable de Política Social e Xuventude do Goberno galego, Fabiola García, e os candidatos Javier Arias e Cristina Sanz visitan Abadín. Casa do Concello.
Quiroga
18.00. A responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego, María Jesús Lorenzana, e a candidata Katy Varela visitan a Casa de Outeiro. Casa do Concello.
Guitiriz
20.00. A responsable de Política Social e Xuventude do Goberno galego, Fabiola García, a cabeza de lista do PP lucense ao Parlamento, Elena Candia, e o portavoz municipal, José Manuel López, intervirán nun mitin en Guitiriz. Restaurante La Casilla.
Lugo
21.30.A candidatura do PP de Lugo ás autonómicas seguirá o debate electoral da CRTVG dende a sede. Rúa Poeta Cabanillas, número 14, baixo,
BNG
Samos
11.00. A candidata do BNG, Olalla Rodil, xunto con Montse Valcárcel, número 3 da candidatura visitarán o concello de Samos xunto coa alcaldesa do BNG Chus López.
Lugo
17.00. O tenente alcalde e portavoz do BNG no Concello de Lugo, acompañado por concelleiros e militantes do BNG, realizarán un reparto informativo sobre as eleccións galegas na rúa Menorca.
21.30. Militantes e simpatizantes, xunto con cargos orgánicos e institucionais do BNG en Lugo, seguirán o debate electoral da TVG no local comarcal do BNG en Lugo, na rúa Miguel de Cervantes, número 34.