Axenda electoral para hoxe na provincia
A axenda electoral para hoxe, 6 de febreiro, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos
PSOE
Lugo
09,30. O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, mantén un almorzo con empresarios e emprendedores de Lugo xunto coa candidata nº 2, Lara Méndez. Terra Taberna do Miño, rúa dos Canteiros, 11 Polígono do Ceao. Lugo
10.00. Punto de información electoral. Santo Domingo.
Sarria
12.00 Os candidatos socialistas pola provincia ás eleccións autonómicas Miguel Tomé e Teresa Fernández, e o deputado provincial Pablo Rivera visitarán a feira de Sarria con compañeiros e compañeiras das agrupacións da comarca.
Samos
17.00. Os candidatos socialistas pola provincia ás eleccións autonómicas Miguel Tomé e Teresa Fernández, e o deputado provincial Pablo Rivera manterán un encontro coa veciñanza do municipio no que participarán tamén compañeiros e compañeiras das agrupacións da comarca.
Lugo
17.30. Punto de información electoral. Rúa Menorca.
PP
Lugo
10.30 Integrantes da candidatura ás autonómicas participarán nun reparto electoral xunto a concelleiros do Grupo Municipal Popular. Carpa situada na Avenida da Coruña (á altura do parque de Frigsa).
Foz
11.00 Os candidatos Alfonso Villares, José Manuel Balseiro e Verónica Soto realizarán un reparto no mercado de Foz.
Burela
15.00. O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, participa nunha comida-mitin xunto á cabeza de lista pola provincia de Lugo, Elena Candia, e o presidente local do partido, Manuel Rouco.
Lugo
16.30 Integrantes da candidatura ás autonómicas participarán nun reparto electoral xunto a concelleiros do Grupo Municipal Popular. Carpa situada na avenida Adolfo Suárez (xunto ao ascensor).
17.00 As candidatas Cristina Sanz, Encarna Amigo e Aurora Goás acompañados polo responsable de Sanidade do Goberno galego, Julio García Comesaña, manterán unha reunión con representantes da asociación de veciños do Sagrado Corazón. Confitería Medraño.
Ribadeo
19.00. O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, participa nun mitin xunto á cabeza de lista pola provincia de Lugo, Elena Candia, e o alcalde Daniel Vega.
Vilalba
21.00 O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, participa nun mitin xunto á cabeza de lista pola provincia de Lugo, Elena Candia, e a presidenta local do partido, Sandra Vázquez.
BNG
Lugo
8.40. Olalla Rodil e Daniel Castro viaxarán en ferrocarril entre Lugo e Ourense. Estación de tren de Lugo, pza. Conde de Fontao
Monforte
13.30. A candidata á Presidencia, Ana Pontón, visita a cidade de Monforte, onde fará unha parada na empresa CTGalega Solucións Dixitais. Posteriormente, dará un paseo pola rúa Cardenal acompañada pola cabeza de lista por Lugo, Olalla Rodil, e o número dous, Daniel Castro. CTGalega. A partir das 14.30 horas percorrerán a vila.
Lugo
17.00 O tenente alcalde e portavoz do BNG no Concello de Lugo, acompañado por concelleiros e militantes do BNG, realizarán un reparto informativo sobre as eleccións galegas. Rúa Bispo Aguirre.
Pantón
19.30. Olalla Rodil, xunto con cargos orgánicos e institucionais do BNG en Monforte de Lemos, visitarán a Casa da Fonte de Pantón.
Monforte
20.00 Acto público aberto do BNG en Monforte de Lemos coas intervencións de Olalla Rodil (Cabeza de lista por Lugo), Iago Suárez (número 4 da candidatura do BNG), Rosa Ana Prieto (responsábel comarcal do BNG en Lugo Sur) e Manuel Luaces (Responsábel local do BNG de Monforte de Lemos). Casa da Cultura, Monforte de Lemos.
SUMAR
Lugo
19:30 A candidata de Sumar Galicia á presidencia da Xunta, Marta Lois, participa nun encontro en Lugo. Estará acompañada polo cabeza de lista pola provincia, o número 2 e a número 3. Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, Lugo