Axenda electoral para hoxe na provincia
A axenda electoral para hoxe, 8 de febreiro, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos
PSOE
Viveiro
9.00. As candidatas socialistas ás eleccións autonómicas pola provincia Mayra García Bermúdez e Catalina Fernández, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a deputada autonómica Patricia Otero participarán no reparto de información electoral do Partido Socialista. Mercado.
Cervo
10.30. A candidata socialista ás eleccións autonómicas pola provincia Mayra García Bermúdez, xunto á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a alcaldesa de Burela, Carmela López, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, e as voceiras municipais do PSdeG en Cervo, Luján Ramos, e en Xove, Rogelia Mariña, manterán un encontro co comité de empresa de Alcoa. Planta de Alcoa. San Cibrao.
Lugo
11.00 Punto de información electoral do PSdeG. Zona peonil Camiño Real.
O Saviñao
12.00. O secretario Xeral do PSdeG na provincia e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto aos candidatos socialistas ás eleccións municipais pola provincia Lara Méndez, Miguel Tomé, Jaime Losada e Roberto Castro, o deputado provincial Iván Castro, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, Antonio Quiroga, participarán nun encontro coa militancia do municipio e da comarca. Feira de Escairón.
Lugo
18.00 Punto de información electoral do PSdeG. Praza Horta do Seminario.
Burela
18.30. O secretario Xeral do PSdeG na provincia e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participará xunto ao secretario de Políticas Migratorias e Refuxiados da Executiva Federal do PSOE e deputado no Congreso, Luc André Diouf, a alcaldesa de Burela, Carmela López, e as candidatas socialistas ás eleccións autonómicas pola provincia Mayra García Bermúdez e Catalina Fernández, nun encontro coa comunidade caboverdiana do municipio mariñano. Restaurante Nordés.
Foz
20.30. O secretario Xeral do PSdeG na provincia e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participará no mitin do candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, xunto á número tres da candidatura, Mayra García Bermúdez, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto. Casa da Cultura.
PP
Monforte de Lemos
17.00. A titular de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego e candidata pola provincia da Coruña, Ethel Vázquez, e as candidatas do PP ao Parlamento galego polo sur lucense, Raquel Arias e Katy Varela, ofrecerán declaración aos medios.
18.00. As candidatas Raquel Arias e Katy Varela realizarán un reparto electoral xunto a Ethel Vázquez polo barrio da Estación.
Lugo
10.00. A cabeza de lista do PP lucense ao Parlamento galego, Elena Candia, xunto a outros integrantes da lista ás autonómicas e concelleiros do Grupo Municipal Popular participará nun reparto no barrio da Ponte para dar a coñecer aos veciños o proxecto que lidera Alfonso Rueda.
16.30. A cabeza de lista do PP lucense ao Parlamento galego, Elena Candia, xunto a outro integrantes da candidatura ás autonómicas e concelleiros do Grupo Municipal Popular continuarán a explicar aos lucenses a pé de rúa o proxecto do Partido Popular para Galicia. Carpa situada na avenida das Fontiñas.
O Saviñao
13.30. As candidatas Raquel Arias e Katy Varela asistirán á feira de Escairón acompañadas por Ethel Vázquez. Punto de encontro: diante a Casa do Concello.
O Incio
20.30. A cabeza de lista do PP pola provincia de Lugo ao Parlamento galego, Elena Candia, a titular de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego, Ethel Vázquez, e o alcalde do Incio, Héctor Corujo, intervirán nun mitin. Antiga nave gandeira (detrás da Casa do Concello).
BNG
Mondoñedo
11.00. Reparto informativo no mercado de Mondoñedo, coa presencia de integrantes da candidatura do BNG ao Parlamento galego.
Lugo
12.00. Visita de Olalla Rodil á caravana das traballadoras da limpeza da provincia de Lugo, en folga desde o 16 de outubro de 2023. Delegación da Xunta en Lugo.
Guitiriz
20.30. Acto público do BNG en Guitiriz con Olalla Rodil, cabeza de lista por Lugo, Montserrat Valcárcel, número 3 da candidatura, e Mónica Roca, concelleira do BNG en Guitiriz e traballadora da Sanidade. Casa Habanera.
PODEMOS
Lugo
13.00. Isabel Faraldo, candidata á presidencia da Xunta de Galicia, Isa Serra, voceira de Podemos e Ximena Cheda, cabeza de lista por Lugo, reúnense coa plataforma Stop Desahucios. Previamente, ás 12.45 haberá declaracións aos medios de comunicación na Praza Maior, diante do Concello de Lugo.