Axenda electoral para hoxe na provincia
A axenda electoral para hoxe, 10 de febreiro, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos
PSOE
O Courel
11.30. José Tomé xunto cos candidatos Lara Méndez, Miguel Tomé, Teresa Fernández e Roberto Castro, entre outros, supervisarán a situación da estrada LU-651 entre Folgoso e Quiroga.
Quiroga
12.30. José Tomé participará no reparto de información electoral sobre o proxecto de Besteiro para Galicia. Será na feira.
Lugo
19.30. As candidatas socialistas Lara Méndez e Mayra García aprticiparán nun encontro con mozos na Ferretería.
PP
Monforte
10.00. As candidatas Raquel Arias e Katy Varela xunto ao titular de Sanidade do Goberno galego e candidato pola provincia de Pontevedra, Julio García Comesaña, ofrecerán declaracións aos medios. Tamén asistirá o deputado nacional Francisco Conde. Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.
Lugo
10.30. A cabeza de lista do PP lucense ao Parlamento galego, Elena Candia, xunto a outros integrantes da lista ás autonómicas e concelleiros do Grupo Municipal Popular participará nun reparto electoral na rúa Lamas de Prado para dar a coñecer aos veciños o proxecto que lidera Alfonso Rueda.
O Valadouro
11.00. O candidato José Manuel Balseiro e o titular de Facenda do Goberno galego e candidato pola provincia da Coruña, Miguel Corgos, participarán nun reparto electoral coincidindo co mercado en Ferreira. Punto de encontro: diante da cafetería Méndez
Taboada
11.00. Os candidatos Javier Arias, Enrique Barreiro e Alicia López participarán nunha visita á cooperativa Aira xunto á titular de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego e candidata pola provincia da Coruña, María Jesús Lorenzana. Cooperativa Aira.
Quiroga
12.00. As candidatas Raquel Arias e Katy Varela xunto a Julio García Comesaña e Francisco Conde asisten á feira de Quiroga. Cafetería Quiper.
Monterroso
12.30. Os candidatos Javier Arias, Enrique Barreiro e Alicia López xunto a María Jesús Lorenzana realizarán un reparto electoral en Monterroso. Casa do Concello.
Lourenzá
12.30. O candidato José Manuel Balseiro e membros da candidatura popular realizarán un reparto electoral por Lourenzá xunto a Miguel Corgos. Cafetería Aturuxo.
Sarria
13.30. O presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, participa nunha comida-mitin acompañado pola cabeza de lista do PPdeG pola provincia de Lugo, Elena Candia, e a portavoz do PP local, Carmen José López. Restaurante Litmar.
Ribas de Sil
16.00. O titular de Sanidade do Goberno galego e candidato pola provincia de Pontevedra, Julio García Comesaña, e o deputado nacional lucense Francisco Conde visitarán San Clodio. Restaurante Las Vegas.
Lugo
16.30. A cabeza de lista do PP lucense ao Parlamento galego, Elena Candia, xunto a outro integrantes da candidatura ás autonómicas e concelleiros do Grupo Municipal Popular continuarán a explicar aos lucenses a pé de rúa o proxecto do Partido Popular para Galicia. Carpa situada na praza Maior.
Viveiro
20.00. O presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, clausura un mitin xunto á cabeza de lista do PPdeG pola provincia de Lugo, Elena Candia, e a presidenta do PP local, Mariña Gueimunde. Restaurante Louzao.
BNG
Vilalba
11.00. Olalla Rodil visitará unha explotación gandeira en Vilalba.
12.00. Reparto informativo do BNG en Lugo polo centro da cidade.
Lugo
18.00. Reparto informativo do BNG en Lugo polo centro da cidade.
A Fonsagrada
21.00. Acto público do BNG na Fonsagrada con Olalla Rodil, cabeza de lista por Lugo, Montse Valcárcel, número 2 da candidatura e Rosa Rego, portavoz do BNG na Fonsagrada. Salón de Actos municipal, rúa Os Chaos, A Fonsagrada.