Axenda electoral para hoxe na provincia

Presentamos a axenda política dos partidos durante a xornada de hoxe con motivo da celebración das eleccións municipais do 28 de maio
11 Feb 2024

A axenda electoral para hoxe, 11 de febreiro, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos

PSOE

Navia de Suarna

13.30. O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, xunto aos candidatos socialistas pola provincia ás eleccións autonómicas Lara Méndez, Miguel Tomé e Teresa Fernández, o alcalde de Navia de Suarna, José Fernández, deputados provinciais e alcaldes socialistas da comarca e do resto da provincia, participarán na 33ª Festa da Androlla. Praza Maior.

Lourenzá

19.00. A candidata socialista pola provincia ás eleccións autonómicas Mayra García Bermúdez, participará nun mitin xunto coa Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o Senador César Mogo. Salón de Actos.

Taboada

11.00. O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, xunto aos candidatos socialistas pola provincia ás eleccións autonómicas, Miguel Tomé  e Jaime Losada, o alcalde de Taboada, Roi Rigueira, e concelleiros e concelleiras do partido socialista na localidade, participarán na 32ª Festa do Caldo de Ósos. Recinto feiral.

Lugo

12.00. Punto de información electoral do PSdeG. Praza Maior.

17.00. Punto de información electoral do PSdeG. Novo parque infantil do Castiñeiro.

Vilalba

14.45. Besteiro mantén un encontro coa alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e membros da Agrupación Socialista. Restaurante Terra Chá, Rúa Doutor Domingo Goas, 10.

PP

Outeiro de Rei

18.30.  O presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, participa nun mitin xunto á cabeza de lista pola provincia de Lugo, Elena Candia e o alcalde José Pardo. Pavillón municipal.

Meira

10.30. Os candidatos José Manuel Balseiro e Nicole Grueira asisten á feira de Meira onde repartirán información electoral.

Guitiriz

10.30. Os candidatas Alfonso Villares e Enrique Barreiro asistirán á feira de Parga onde repartirán información electoral.

Navia de Suarna

12.00. O candidato José Manuel Balseiro acompañado polo titular de Facenda do Goberno galego e candidato pola provincia da Coruña, Miguel Corgos, e outros membros da candidatura, xunto ao deputado nacional Francisco Conde, participarán na Festa da Androlla.

Taboada

12.30. Os candidatos Elena Candia, Javier Arias, Alfonso Villares e outros integrantes da candidatura participarán na Festa do Caldo de Ósos.

Lugo

11.30. A candidata Cristina Sanz e outros membros da candidatura popular ao Parlamento galego, xunto a concelleiros do Grupo Municipal Popular, realizarán un reparto de información electoral nas inmediacións do Pazo dos Deportes.

17.00. A candidata Cristina Sanz e outros membros da candidatura popular ao Parlamento galego, xunto a concelleiros do Grupo Municipal Popular, realizarán un reparto de información electoral nunha carpa situada na Praza da Soidade.

Sarria

18.00. O candidato José Manuel Mato e outros membros da candidatura popular ao Parlamento galego acompañan á vicepresidenta segunda do Goberno galego e candidata pola provincia da Coruña, Ángeles Vázquez, nunha visita a Sarria.

Riotorto

21.00. A vicepresidenta segunda do Goberno galego e candidata pola provincia da Coruña, Ángeles Vázquez; o candidato José Manuel Balseiro; o alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, e a portavoz do PP na Pontenova, Conchita Novo, intervirán nun mitin no centro sociocultural de Riotorto.

A Pobra do Brollón

22.00. Os candidatos Javier Arias, Raquel Arias e Katy Varela asistirán xunto ao deputado nacional Francisco Conde á función de teatro popular no local social da parroquia con motivo da celebración da saída do Oso de Salcedo.

 

BNG

Navia de Suarna

11.00. Montserrat Valcárcel, número 2 da candidatura do BNG e Alexandre Penas, concelleiro do BNG en Lugo, asistirán á XXXIII Festa da Androlla de Navia de Suarna.

A Pontenova

11.00. Mesa informativa do BNG na Pontenova con presencia de integrantes da candidatura ao Parlamento Galego, incluído o nº 2, Daniel Castro.

Taboada

11.30. A cabeza de lista do BNG por Lugo, Olalla Rodil, xunto con cargos orgánicos e institucionais do BNG asistirá á XXXII Festa do Caldo de Ósos de Taboada. Praza de Riazon.

Lugo

18.00. Reparto informativo do BNG en Lugo polo centro da cidade.

20.00. Acto Público do BNG en Lugo con Ana Pontón, candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Olalla Rodil, cabeza de lista por Lugo, Montserrat Valcárcel, número 3 da candidatura e Rubén Arroxo, portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo. Mercado de Quiroga Ballesteros

0.12316989898682