Axenda electoral para hoxe na provincia

Presentamos a axenda política dos partidos durante a xornada de hoxe con motivo da celebración das eleccións municipais do 28 de maio
11 Feb 2024

A axenda electoral para hoxe, 12 de febreiro, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos

PSOE

Viveiro

11.00. O candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, e a candidata do PSdeG pola provincia ás eleccións autonómicas Mayra García Bermúdez, xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o director do Porto Eduardo Míguez, visitarán a lonxa e o Porto de Celeiro.

Sober

12.00. O secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, e os candidatos socialistas ás eleccións autonómicas pola provincia Miguel Tomé e Roberto Castro participarán xunto aos compañeiros e compañeiras das agrupacións da comarca no reparto de información electoral sobre o proxecto de Besteiro para Galicia na feira.

Antas de Ulla

12.30. A secretaria de Organización do PSdeG provincial e alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, e o candidato ás eleccións autonómicas pola provincia Jaime Losada, xunto ao Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, manterán un encontro con colectivos veciñais da comarca na casa da cultura.

Burela

13.00. O candidato socialista  á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, e as candidatas do PSdeG pola provincia ás eleccións autonómicas Mayra García Bermúdez e Catalina Fernández, xunto á Alcaldesa de Burela e Deputada provincial Carmela López, manterán un encontro con colectivos sanitarios na Mariña. Hotel Nordés. Avda. da Mariña, 57.

Baleira

13.00. A candidata ás eleccións autonómicas pola provincia Teresa Fernández e o Deputado provincial Pablo Rivera participarán xunto aos compañeiros e compañeiras das agrupacións da comarca no reparto de información electoral sobre o proxecto de Besteiro para Galicia na feira. O Cádavo.

Cervo

20.00. As candidatas ao Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo Lara Méndez e Catalina Fernández, e a Voceira do PSdeG en Cervo, Luján Ramos, participarán nun mitin. Casa do Mar. San Cibrao.

Lugo.

11.00. Punto de información electoral do PSdeG. Praza Horta do Seminario

PP

Lugo

10.30. Membros da candidatura do PP lucense ás autonómicas acompañados por concelleiros do Grupo Municipal Popular participan nun reparto de información electoral. Carpa situada na rúa Montevideo.

17.00. Membros da candidatura do PP lucense ás autonómicas acompañados por concelleiros do Grupo Municipal Popular participan nun reparto de información electoral. Carpa situada na barrio do Castiñeiro.

20.00. O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, participa nun mitin xunto á cabeza de lista pola provincia de Lugo, Elena Candia, e os tamén candidatos provinciais Cristina Sanz e Javier Arias. Facultade de Veterinaria.

Vilalba

11.00. A cabeza de lista do PP lucense ás autonómicas, Elena Candia, e as candidatas Cristina Sanz e Alicia López, participan nun encontro con mulleres rurais xunto á titular de Emprego e Igualdade e candidata por Ourense, Elena Rivo e a secretaria xeral de Igualdade e presidenta do PP de Vilalba, Sandra Vázquez. Escola de Bordelle.

Sarria

13.30. Elena Rivo, Cristina Sanz e José Manuel Mato participarán nun reparto electoral en Sarria. Punto de encontro:   Pizzería 17.

Sober

13.30. As candidatas Raquel Arias e Katy Varela asistirán á feira de Sober xunto á titular de Política Social e Xuventude e candidata pola provincia da Coruña, Fabiola García. Punto de encontro: diante a Casa do Concello.

A Pobra do Brollón

16.00. O candidato Alfonso Villares e integrantes da candidatura popular ao Parlamento galego asistirán aos actos de celebración do Oso de Salcedo. Punto de encontro.

O Corgo

22.00. Candidatos do PP lucense ao Parlamento galego participarán nun encontro con colaboradores do Corgo. Parrillada O Corgo.

 

BNG

Lugo

11.00. A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, visitará Lugo xunto coa cabeza de lista, Olalla Rodil. Praza Maior, fronte ao concello de Lugo.

12.30. Olalla Rodil, cabeza de lista do BNG por Lugo, participará no debate organizado pola Cadena SER

18.00. Reparto informativo do BNG en Lugo. Zona peonil da rúa Camiño Real.

0.14804100990295